22/12/07
21/12/07
18/12/07
21 de decembro
O venres 21 é o último día de clases deste trimestre .
Ese día imos ter a presencia de Papá Noel, como nestes últimos anos.
Vai pasar por todas as aulas para deixar un agasallo en cada unha.
Despois imos facer unha festa na que tomaremos chocolate con churros.
15/12/07
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
O martes 4 de decembro o pediatra J.Pereiro explicou detalladamente a pais, nais e mestres,a necesidade de unha dieta equilibrada,con alimentos dos tres grupos para medrar sans.Defendeu o pan como alimento infantil de primeiro orde para almorzos,merendas e comidas.
Tamén nos fíxo reflexionar sobre as bondades da dieta atlántica,rica en peixe . Nomeou o caldo galego como unha poción máxica para o corpo,legada polos nosos ancestros e perfecta desde o punto de vista nutricional:rico en vexetais,sales minerais e hidratos de carbono.Lembrounos o pouco presente que está nos nosos menús.
Unha charla amena,moi interesante e reveladora.
Grazas a todos e todas os que estivestes con nós esa tarde.
03/12/07
Charla para nais e pais
02/12/07
Regreso a casa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)