31/01/08

O entroido

Tal como é tradicional, o venres día 1 de Febreiro imos celebrar no noso colexio a FESTA DO ENTROIDO.


As 11.30 haberá unha degustación de postres típicos de Entroido en cada Clase.



As 12.30 nas escaleiras da entrada cantaremos as murgas deste ano, e a partir das 12.45 sairemos en comparsa dando unha volta polos arredores do colexio.


Os pais e nais podedes colaborar traendo os postres típicos.


Non esquenzades conservar os traxes de Entroido par o enterro da Xoubiña. que será o sábado dia 9 de Febreiro.

28/01/08

Convocatoria de axudas


A xunta ven de convocar axudas para estancias no estranxeiro, para millorar o Inglés. En Primaria hai 100 plazas para alumnos e alumnas de 6º curso.A estancia sería en residencias.

O plazo remata o 18 de Febreiro.

Máis información aquí:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

O dia da paz


O 30 de Xaneiro celébrase en todo o mundo o día da Paz.

Si queres saber máis sobre esa celebración, na Paxina da nosa biblioteca, BIBLIOTECADOCOLE tes máis información.


No cole celebramos ese día reuníndonos por ciclos para facer actividades e xogos relacionados coa celebración.

20/01/08

Páxinas interesantes


¿Estás enfadado/a cos teus amigos e non sabes como solucionalo?

Na páxina de Orientación podes atopar unha solución para resolver ese problema.


¿Gústache moverte por Internet, pero non sabes como debes e non debes facer?

Na páxina das Tics tes información do que debes e non debes facer na Red.


09/01/08

Teatro



Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º curso de Primaria foron ao teatro.Dentro do ciclo de actividades para escolares de Caixanova, foron ver "GRIM,GRIM o Lobo Nieves y los siete cerditos"



A partir do conto de "Branca Neves" ,os comediantes do grupo catalán "La pera Llimonera" e mediante a improvisación e o xogo de palabras, escenificaron dun xeito divertido e disparatado un dos contos mais populares, "Los tres cerditos".



A obra gustoulles moito.

06/01/08

8 DE XANEIRO,VOLTA Á CLASE



¿QUE TAL ESES REIS?.NO COLE DESEXAMOS QUE FORAN DO MÁIS SATISFACTORIOS,E ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO DÍA 8 DE XANEIRO ÁS 9 DA MAÑÁ PARA QUE NOLO CONTEDES.

¿TEDES GANAS DE VOLTAR?UN SEGUNDO TRIMESTRE CHEO DE NOVAS COUSAS PARA APRENDER E COMPARTIR VEN VIRANDO NA ESQUINA: O DÍA DA PAZ,O ENTROIDO….

¡¡VINDE COAS PILAS CARGADAS!!