27/05/08

Aprazada a excursión ás Illas Ons


A excursión as Illas Ons que ían facer o mércores día 28 os nenos e nenas de 5º curso queda aplazada polo mal tempo.

Festa das actividades


Esta tarde , de 4 a 6, fárase no colexio a festa das actividades, organizada pola ANPA "Entrevalos" do noso colexio.

Haberá exposición de traballos feitos nas diferentes actividades extraescolares, e exhibición das habilidades adquiridas nas actividades deportivas.

Para rematar , unha merenda a que están invitados nais, pais ,profesores e alumnos.

25/05/08

Semana do Teatro Infantil


Estase a celebrar a Semana do Teatro Infantil organizada pola biblioteca municipal de Moaña.

O luns 23 irán os nenos e nenas de 3 e 4 anos a ver a obra.

Carlota e Marieta dan a volta ó planeta" da compañía A Loca Motora (Galicia)


O mércores 28 irán os nenos e nenas de 3º de Primaria, e van ver:
"Historias de media suela" da compañía Fernan Cardama (Arxentina)


O xoves 29 serán os de 6º de Infantil e 1º de Primaria os que van ver:
"La historia de un huevo perdido" da compañía Ocelot Teatro (O Salvador)


Máis información na páxina da biblioteca municipal:

09/05/08

Cuestionario sobre a convivencia escolar


Neste curso estase elaborando o PLAN DE CONVIVENCIA do noso colexio.
Co obxecto de coñecer a valoración das nais e pais dos nosos alumnos, pasamoslle un cuestionario anónimo, que poden depositar no buzón que para tal fin habilitamos na entrada do colexio.

¡Agradecemos a colaboración!

08/05/08

Letras galegas 2008


Estos días estamos preparando o festival das letras galegas. Todos os cursos preparan obriñas teatrais, cancións, poemas, bailes,..

Por outro lado, tamén estamos aprendendo cousas do homenaxeado: Xosé María Álvarez Blázquez.

Tedes máis información en DINAMIZA,NORMALIZA e en BIBLIOTECA DO COLE.
Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unhas montaxes cos seus poemas.Están en
Aquí tedes un de mostra:

video