A partir das 11 fixemnos unha chocolatada para o alumnado e recibimos a visita de Papa Noel para entregar agasallos a todas as clases: xogos e contos.
Despois algúns alumnos representaron unha obra de teatro no auditorio Daniel Castelao, e todos xuntos cantaron panxoliñas.
Por último todos os alumnos e alumnas de 6º curso fixeron un pequeno resumo deste trimestre, e manifestaron os seus desexos para o vindeiro ano.
As clases comezarán de novo o xoves 8 de xaneiro.
Os nenos e nenas de 6º curso acaban de recibir o 1º Premio de Murais do Parque Natural Illas Atlánticas 2008. Os traballos gañadores estarán expostos na Casa da Xuventude de Vigo (López Mora 31) dende o día 23 de Decembro ata o 7 de Xaneiro.