15/01/09

DEPORTE NA ESCOLA

Neste curso académico, o 3º ciclo de E.P. foi inscrito nun programa de Deporte na Escola desde a área de E.F.
Consiste en encontros entre centros da comarca nos que se xogan partidos de balonmán, baloncesto, fútbol, bádminton, voleibol e xogo cultural, buscando fomentar entre os nenos e nenas a boa convivencia, o compañeirismo, o respecto...
No mes de decembro, celebrouse a 1ª xornada no Pavillón do Gatañal en Cangas.
video

XOGOS POPULARES

Ao longo do 1º trimeste, na área de E.F. traballáronse, entre outras cousas, os xogos populares, autóctonos e tradicionais cos distintos cursos da E.P.
Entre os xogos practicados, destacan a cachisa ou billarda, a chave, a petanca, as canicas e o trompo.
No xogo da petanca, contamos coa colaboración de Maruja, membro da Asociación de Mulleres de Moaña.
video