27/06/09

Gratuidade de libros de texto 2009-2010


Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño

A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial,
independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e
6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a
reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.
Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a
implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez

26/06/09

Olimpíada Escolar



O día 20 de xuño celebrouse a XXIX Olimpíada Escolar organizada polo Concello de Moaña, contando coa colaboración do Clube de Atletismo de Samertolameu de Meira.

Nela participaron varios colexios e o instituto das Barxas, sendo un deses centros o noso, o cal acadou o primeiro posto. Queremos darlle a noraboa a todos aqueles nenos e nenas que co seu esforzo e participación fixeron posible a consecución deste primeiro posto.
Amosamos un vídeo que recolle o medalleiro obtido polos nosos atletas.


08/06/09

Visita ao concello de Moaña

O segundo e terceiro ciclo foron coñecer o concello.Onde se toman as decisións,onde traballa a Policía Municipal,como fan os veciños e veciñas para resolver as cuestións...
Despois o concelleiro de Medio Ambiente amosoulles como se estaba a recuperar o areal da Xunqueira e que tipo de plantas se daban nel.

04/06/09

Imos as Illas Cíes

O mércores día 3 de xuño, os nenos e nenas de 5º curso visitaron a Illa de Cíes, con motivo da invitación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A visita foi guiada por unha monitora que lles explicou a importancia de respectar a natureza (as dunas, a vexetación, os mamíferos, os peixes...) mediante a realización dunha ruta.
Despois tiveron un tempo para comer, descansar, tomar un xeado e xogar na praia.