22/12/09

Nadal no cole

Hoxe no cole, despois de tomar chocolate con churros, recibimos a visita de Papá Noel e logo fomos cantar cancións de Nadal ao auditorio.

Papá Noel tiña de axudante a Kathy, a profe de educación física.

Trouxo xogos e libros de agasallo para todas as clases e caramelos para todos.




Máis fotos nos blogs de ciclo:

O cole de Quintela na tele

A semana pasada estivo a televisión galega no noso cole:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Espera uns segundos a que cargue o vídeo, antes de darlle a play.

18/12/09

Festa de Nadal

O vindeiro martes 22, o último día de clase, levaremos as notas deste trimestre.
Como todos os anos, imos recibir a visita de Papá Noel.

Ademais haberá chocolate con churros para todos.

Esta é a tarxeta gañadora do concurso de tarxetas de Nadal.

A autora do debuxo é Patricia, de 5º curso.
O texto é de Samuel, tamén de 5º.

15/12/09

Metereoloxía: Ultima hora

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

06/12/09

ENCONTROS EDUCACIÓN FÍSICA


O pasado día 3 de decembro, o alumnado do terceiro ciclo de E.P. asistiu a unhas xornadas de convivencia organizadas polos mestres de E.F. dos coles de Reibón, Quintela e Seara. O obxectivo destes encontros é fomentar as relacións sociais entre o alumnado da zona por medio de actividades deportivas. Nesta ocasión xogaron ao bádminton e ao baloncesto.



02/12/09

Premios á innovación en normalización lingüística

No CEIP Quintela volvemos a estar de noraboa!!!:

Veñen de publicarse os Premios á innovación en normalización lingüística nos centros escolares.

O noso centro é un dos premiados co proxecto "En galego pola rede".

O proxecto deberá desenvolverse no curso 2009/2010.

Aquí tedes a lista dos premiados:

CEIP Aguiño, Ribeira (A Coruña)
CEIP A Gándara-Sofán, Carballo (A Coruña)
CEIP A Pedra, Bueu (Pontevedra)
CEIP Bergantiños, Carballo (A Coruña)
CEIP Quintela, Moaña (Pontevedra)
IES Menéndez Pidal (A Coruña)
IES Sardiñeira (A Coruña)

Debido á calidade dos proxectos presentados, concédense ademais 4 accésit.

IES Félix Muriel, Rianxo (A Coruña)
IES Perdouro, Burela (Lugo)
IES Rodeira, Cangas (Pontevedra)
IES Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)

Se queredes toda a información, clicade AQUÍ

Parabens aos demais centros!!!