14/03/11

Lingua galega tv

Lingua galega tv, a canle de televisión por internet, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de publicar o vídeo filmado no noso centro sobre o Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, agora de Dinamización .
Para acceder,  hai que seleccionar do primeiro grupo de vídeos "Lingua, cámara, acción", o titulado "Premios de Innovación en Dinamización Lingüística. Poderemos ver tamén unha reportaxe sobre o proxecto do IES de Rodeira , en Cangas, que tamén resultou premiado.Preme na imaxe.

05/03/11

Festa de Entroido

Este ano, dentro do proxecto de Innovación en Normalización Lingüística, planificamos un entroido tradicional, co ánimo de facer chegar aos maís cativos e cativas un xeito de vivir o entroido encardinado con personaxes que case estamos esquecendo. Os CURRUVELLOS foron os protagonistas e a diversión estivo garantizada cando poidemos comprobar as transformacións de alumnado, familias e profesorado.

04/03/11

Excursión á Coruña

O pasado día 1 de marzo, o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos, foi de visita á cidade da Coruña. Os lugares nos que estiveron foron o Aquarium de Finisterrae, o Domus e a Torre de Hércules.


Foi un día cheo de emocións e novas experiencias...

02/03/11

Xadrez na escola

O clube de xadrez de Moaña, Bobby Fischer, alcanzou o subcampeonato de Liga o pasado febreiro no CEIP de Nigrán no que participaron un total de nove equipos.
Dous xogadores do equipo son os alumnos de sexto do noso colexio: Anxo Rúa e Carlos Urdampilleta.
Os nosos parabéns para eles.