27/10/11

O SAMAÍN

Estes días, estamos traballando no cole o Samaín. Todos os cursos, tanto de Infantil como de Primaria, están facendo actividades relacionadas con este festexo. Unha desas actividades, foi que os nenos e nenas, en colaboración coas familias, elaborasen unhas cabazas para decorar as aulas e os diversos andares do cole.
Aquí van unhas imaxes do resultado dese traballo feito:


video

20/10/11

XOGOS DE ANTES...

Aproveitando o bo tempo que tivemos neste comezo de curso, nas clases de Educación Física, adicámonos a coñecer xogos populares e tradicionais da zona na que vivimos e que practicaban os nosos papás, avós... Algúns nenos e nenas xa sabían dalgún, pero tamén quedaron sorprendidos con outros que descoñecían.
Amosamos un video resumo dalgúns dos xogos.

video

Foron momentos de moita diversión e moita risa!
Practicamos xogos coma o pano; 1,2,3, escondite inglés; o trompo; a petanca; salto de comba...

05/10/11

MECANOGRAFÍA



Este curso, os compoñentes do Equipo Tics do cole, propuxémonos traballar co alumnado na aula de informática o teclado do ordenador, é dicir, a mecanografía. O primeiro paso que fixemos foi poñer no fondo da parede da aula un teclado de cores xigante, indicando nas mans da parte inferior, as teclas que pulsa cada dedo. Ao longo do curso, iremos facendo diversos xogos e actividades relacionadas con este tema.