O sábado enterraron a tradicional Xoubiña no concello de Moaña. Como estivo moi boa tarde, asistiron moitos nenos e nenas. Aquí van unhas fotos:
28/02/12
23/02/12
Prazo de admisión para o curso 2012/2013
O prazo de admisión para o curso 2011/2012 estará aberto dende o 1 de Marzo ó 10 de Abril, tal como informamos en carta enviadas as familias.
Descargue aqui a carta.
A partir do día 1 pódese pasar polo colexio ( de 8,45 a 14.30 ou de 16 a 18 h ) para recoller e entregar a documentación necesaria, visitar as nosas instalacións e resolver calqueira dúbida que poidan ter.
Descargue aqui a carta.
A partir do día 1 pódese pasar polo colexio ( de 8,45 a 14.30 ou de 16 a 18 h ) para recoller e entregar a documentación necesaria, visitar as nosas instalacións e resolver calqueira dúbida que poidan ter.
Descargue as follas do impreso para a solicitude de praza:
Impreso 1
Impreso 2
Descargue aquí o folleto informativo sobre as instalacións, horarios, actividades e dotación do colexio.
17/02/12
FESTA DO ENTROIDO!
Hoxe no colexio festexamos o entroido! Este ano, decidimos disfrazarnos de personaxes dos contos que nos gustan. Houbo unha gran variedade de disfraces, todos moi fermosos. Tamén estivo presente o "Rato Paco", a mascota da nosa biblioteca, que garda e coida os libros que usamos no cole. Pasámolo moi ben cantando as coplas, comendo orellas e filloas, bailando e desfilando polas rúas de Quintela!
07/02/12
MATES EN BALONCESTO!
Na área de E.F., no segundo trimestre, comezamos traballando o deporte do Baloncesto nos cursos de 5º e 6º. Entre as diversas actividades que estivemos facendo, houbo unha que gustou especialmente ao alumnado, os mates.
Que divertido foi subirse ao plinto e saltar para facer o mate na canasta e logo cair na colchoneta quitamedos!
04/02/12
Centenario do Grupo Escolar Quintela
Estimadas familias:
Neste
ano conmemoramos o centenario do Grupo Escolar de Quintela, construído no ano
1912. Temos previsto organizar unha serie de actividades entre as que están,
unha exposición de fotografías e material escolar (libros , cadernos , útiles escolares,etc.)
que foron utilizados no Centro.
As
fotografías poderanse entregar durante o
mes de febreiro no despacho de dirección cos datos das persoas que están
nas fotos, comprometéndonos a devolvelas nun prazo duns poucos días. Lembrade
que debemos contar coa vosa autorización para que as fotos se poidan expoñer e
publicar.
O
resto do material servirá para completar unha recreación dunha aula desa época.
Agradecendo
a vosa colaboración recibide un saúdo do profesorado do CEIP Quintela.
Moaña,
xaneiro de 2012.
En Faro de Vigo hoxe:
FARO DE VIGO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)