31/03/12

O circo

Para rematar o segundo trimestre, o alumnado do 3º ciclo estivo aprendendo un pouco sobre o circo e as súas habilidades nas clases de E.F. Practicaron algo de bolas malabares, argolas, zancos e diábolos. Resultaron ser bastante habilidosos!


Zancudos!

O alumnado do 1º ciclo traballou nas clases de E.F. o equilibrio. Unha actividade que lles gustou moito, foi a de converterse en zancudos. Pasámolo en grande subidos aos zancos facendo carreiras e pequenos circuitos!


24/03/12

Queridas familias


Acércase o mes do libro no que queremos que as familias participen en actividades de animación á lectura
.Queremos pedir a vosa colaboración para participar como contacontos ou para desenvolver outras actividades que se vos ocorran arredor do libro e a lectura.
 Precisamos a colaboración de pais, nais, avós, irmáns,…para participar e aportar ideas. 
As actividades serán en horario escolar. 
Animádevos e poñédevos en contacto co equipo de biblioteca antes das vacacións de Semana Santa. 
Grazas pola vosa colaboración 
                                           O equipo de biblioteca

15/03/12

BALONKORF EN 3º E 4º CURSOS

Neste segundo trimestre, na área de E.F., o alumnado do segundo ciclo está aprendendo a xogar ao BALONKORF, un deporte mixto no que o obxectivo do xogo e encestar o balón nun cesto de mimbre. Ten algunhas peculiaridades como que os xogadores en campo de ataque non poden pasar a campo de defensa e viceversa, un chico ten que cubrir a un chico e unha chica a unha chica, o balón non se pode botar... Aínda que ao principio parecía complicado de entender con tanta norma, unha vez comezaron a xogar, chegaron a conclusión de que non era para tanto.




06/03/12

A linguaxe dos xordos

A asociacion de Xordos de Galicia achegouse ao noso centro, para explicarlles aos nenos e nenas as barreiras que atopan, e como vencelas. Ao longo da mañá, todos cursos aprenderon algunhas palabras na linguaxe dos signos, e "escoitaron" un contiño:


04/03/12

Cartas de amor

Este ano a convocatoria da biblioteca escolar as familias é un éxito.
 A proposta era escribir unha carta de amor aos fillos/as. Estamos recibindo cartas fermosisimas,cheas de sentimento.