17/09/12

Hoxe viñeron visitarnos os nosos alumnos e alumnas de 6º do curso pasado.

Están moi altos e guapísimos (e guapísimas)

Contáronlle un conto á clase de 3º

Desexámoslles o mellor e moitas experiencias que recordar.

Un bico e moita sorte na vosa nova etapa!!!

11/09/12

Empeza un novo curso

O mércores 12 de de Setembro iniciamos un novo curso. 
O horario é  de 9 a 2, agás os pequenos de 4º de Infantil, que se irán imcorporando a súa aula segundo o horario de adaptación que se lle achegou ás familias. 
Os nenos e nenas interesados no uso do comedor escolar deben informar canto antes en dirección.
O profesorado do CEIP Quintela desexavos a todos e todas un bó curso!