21/12/12

Felices festas



As imáxenes da felicitación son obra do alumnado do colexio, sobre fotografías cedidas para tal fin por Manuel Méndez :
Nos blogs dos dintintos ciclos pódense ver todas as felicitacións

05/12/12

INFORMACIÓNS VARIAS

INFORMACIÓN ÁS NAIS/PAIS DE 5 º CURSO DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2012. 
 O pasado martes 27 de novembro o director do colexio e a titora de 5º curso tiveron unha reunión coas nais/pais do alumnado de 5º curso para informarlles dos resultados da “proba da avaliación diagnóstica”.
Como sabedes trátase da proba que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia fai ao alumnado de 4º curso.
Neste informa facilitado ao centro analízanse os resultados obtidos polo alumnado do centro en relación ao grado de adquisición das competencias en comunicación lingüística (galego e castelá), competencia matemática e competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico (coñecemento do medio).


 NOVO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO. 
 O martes 27 de novembro realizouse a votación para a renovación do Consello Escolar do Centro.
 Vacantes: 2.
 Candidaturas presentadas: 2
 O resultado das votacións correspondente as nais/pais foi o seguinte:
 Beatriz Cordeiro Martínez……. 33 votos
 Alma Rodríguez Martínez…… 44 votos

 O Consello Escolar queda así constituído:

  •  Director Luis Lemos Molanes 
  • Xefa de Estudos Isabel Vázquez Rosales
  •  Secretaria María Rúa Santiago
 Representantes das nais/pais

  • Mónica del Rio Pazos
  •  Ainhoa Fuentes Costa
  •  Beatriz Cordeiro Martínez 
  • Alma Rodríguez Martínez
  •  Mª Dolores Pérez Rivas, representante da ANPA
 Representantes do persoal non docente

  •  Carmen Lorenzo Fandiño
 Representante do Concello

  • Mª Colomba López Freire
 Representantes do profesorado

  •  Mª Belén Escariz Ferrín
  •  María Carrasco González 
  • Mª Carmen Juncal López Inés Escribano Hernández 
  • Caterina Ríos Domínguez

01/12/12

Club de lectura no cole

Este curso seguimos con club de lectura de nais.
Onte xuntámonos de novo na biblioteca para comentar a última lectura:
" El abuelo que saltó por la ventana y se largó" de Jonas Jonasson.
Un libro de humor absurdo, que fai pasar ó seu protagonista por distintas peripecias con personaxes históricos tales como Stalin, Churchill, Franco, ...e mesmo contribúe a creación da primeira bomba atómica.
A algunhas das participantes do club recordáballes o humor de Passilina.
Aproveitamos para facer unha lista de posibles lecturas de humor.
Xa fixemos algunha incursión o curso pasado, coas lectura de "Mi tío Napoleón" e "La tía Mame".

Pero de momento, decidimos cambiar de estilo. A próxima cita será xoves 13 de decembro as 8 da tarde, na biblioteca do cole. A lectura:
"La estrategia del agua" de Lorenzo Silva.
 Lorenzo Silva ven de gañar o premio Planeta pola súa novela "La marca del meridiano".
Si queredes participar no club, só tendes que comunicarllo a titora dos vosos fillos/as,