25/10/13

A biblioteca e as familias

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares. 

O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
 O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.

20/10/13

Novo número de Ollos de Aula

Un novo curso comezou a andar para Ollos de Aula. As actividades extraescolares, a atención á diversidade ou recomendacións para o ocio en familia están presentes nesta edición: