25/05/14

Semana da froita

Nesta semana que empeza, imos celebrar a semana da froita no cole. Cada día unha froita diferente para merendar:
fresas, plátanos, cereixas...

A froita é unha parte importante na historia da pintura.
Os cadros que representan distintos tipos de alimentos, froitas , flores,...chámanse "Bodegóns" ou "Natureza morta".
O bodegón é considerado unha arte menor, pero a maioría dos grandes pintores/as teñen o seu .Velaí unha mostra:

23/05/14

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Aquí temos as distintas actuacións que se fixeron para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Xosé María Díaz Castro.

4º Infantil: O gato. Canción de Susa Herrera.



5º Infantil: O caranguexo. Canción de Susa Herrera.



6º Infantil: O xigante atrapado. Conto narrado.



1º Primaria: O traxe novo do emperador.



2º Primaria: Todo é un conto. Teatro.



3º Primaria: O dromedario. Canción de Susa Herrera



4º Primaria: O soño das máscaras. Teatro.



5º Primaria: Ínsua. Acompañamento musical.
A princesa que bocexaba a todas horas. Recitado.






6º Primaria: Interpretación musical.
A escola de Tóqueme Roque. Teatro.
Despedida do colexio.


17/05/14

Atletismo na Xunqueira

Xa temos as fotos das xornadas de atletismo nas que participaron o alumnado de 2º, 3º,4º e 5º de primaria.
Parabéns para todos e todas! Sodes fenomenáis!

video

13/05/14

"Cantos animais" de Susa Herrera

O mércores pasado Susa Herrera presentounos o seu último libro Cantos animais. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.I e 1º, 2º e 3º de EP fomos ao auditorio Daniel Castelao para escoitar algunhas das cancións. Encántannos! Velaquí tendes algunhas:
O crocodilo
A xoaniña

 Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:

10/05/14

Atletismo para Infantil, primeiro e sexto cursos.

Aquí van as fotos da xornada de Atletismo na que participaron o alumnado de 5º e 6º de infantil e 1º e 6º de primaria.
Desde o colexio queremos dar os parabéns a todos e todas polo ben que o fixeron. Excelente rapaces e rapazas!!!


Atletismo en 4º e 5º de primaria

O pasado día 7 de maio, o clube de Atletismo Samertolameu invitou ao alumnado de 4º e 5º curso de Primaria a ir ás pistas da Xunqueira e coñecer un pouco a técnica dalgunhas disciplinas deste deporte. Practicaron marcha, saída de tacos, salto de altura, salto de lonxitude e relevos. Desfrutaron moitísimo como podedes ver nas seguintes fotos.

video

01/05/14

Aeróbic no 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º curso de primaria estiveron traballando Aeróbic nas clases de E.F. Fixeron as súas propias coreografías e tamén se atreveron a ensinarllas aos seus compañeiros e compañeiras, facendo de profes. Aquí podemos ver o ben que o fixeron. Parabéns rapaces!!!!