26/11/14

A nosa horta

O curso pasado iniciamosmos un novo proxecto facendo un bancal de plantas silvestres e aromáticas. Despois do verán houbo que traballar de novo nel... Cando vexades o vídeo entenderedes... Pasámolo moi ben e aprendemos novas cousiñas
 


E para os que non visteses o traballo que fixemos o curso pasado, aquí tedes de novo o vídeo
 

21/11/14

Intercambio con Irlanda

O pasado curso fixemos un intercambio de correspondencia, información e vídeos cunha escola de Irlanda.
Aquí temos o vídeo que lles enviamos para presentar a nosa escola:

18/11/14

Receitas de outono

O alumnado de todo o cole estivo traendo receitas con productos típicos do outono. A verdade é que houbo algunhas moi interesantes...









O magosto en Quintela

Queremos amosar un breve resumo do ben que o pasamos no magosto. Este ano, algúns atrevéronse a pintar a cara e incluso a saltar a fogueira.


Club de lectura de 5º


Os nenos e nenas do club de lectura de 5º xuntámonos para falar sobre o libro "Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano.
Desfrutamos moito coa súa lectura pois está cheo de personaxes curiosos e situacións graciosas, pero con moito sobre o que se pode reflexionar. 
Foi bonito tamén xuntarnos coa nosa profe do ano pasado, a ela tamén lle fixo moita ilusión. 
A nosa próxima lectura será a segunda parte do libro. 
Esperamos que nos guste tanto como a primeira. 
Un saúdo

04/11/14

Xogos no magosto

MAÑÁ CELEBRAMOS NO COLEXIO A FESTA DO MAGOSTO. COMEREMOS CASTAÑAS E XOGAREMOS A ALGÚNS XOGOS POPULARES

03/11/14

O samaín en Quintela

Un ano máis a exposición de cabazas foi un éxito.
Destacaron pola gran cantidade, pola súa variedade e orixinalidade.
Queremos amosar o noso agradecemento ás familias pola súa extraordinaria participación.
Aquí temos unha mostra: