12/12/14

O trompo

Estes días, todo o alumnado de primaria estivo practicando o xogo do trompo. Aínda que xa o practicamos ao comezo do curso, volvemos retomalo porque os pequenos de 1º e 2º tamén querían aprender. Así que damos a benvida ás vacacións xogando co trompo! 

  video


10/12/14

Os bombeiros no cole

O pasado venres recibimos no noso colexio a visita dos "Bombeiros do Morrazo". Están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos para "Cáritas Morrazo" e a cambio fannos unha demostración do seu traballo.Aquí tedes unha pequena mostra:

05/12/14

5º e 6º en Educación Física

Hoxe xuntámonos 5º e 6º para xogar un brilé. Como viñeron os bombeiros e 5º quedaba sen clase, a profe decidiu xuntar os dous grupos despois do recreo. Pasámolo moi ben!







02/12/14

Chega o Nadal

Esta tarde, estivemos montando a árbore de Nadal no cole. Contamos coa axuda de Alba Millón, de Ana Acuña e de Xoana. Grazas, mozas!. Que fermosa quedou!