20/03/15

O eclipse solar

O alumnado de sexto curso fixo unha investigación na rede sobre o próximo eclipse solar do día 20. Coa información recompilada, prepararon unha exposición oral, para explicarlle aos compañeiros e compañeiras de Primaria diferentes cousas do eclipse: horario, en que consiste, como debemos miralo sen dano para os nosos ollos, etc.
Foi moi interesante a súa exposición!

Máis información sobre o eclipse en :
Real Observatorio do Armada

05/03/15

Matricúlate en Quintela

O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole. Escoitádeos e veredes que ben o fixeron. 
  

O entroido en Quintela

Aquí vos mostramos algunhas fotos do día do entroido no cole.