28/06/16

Aviso da secretaría

Os cheques para a adquisición de material entregaranse a partir do 7 de xullo.
Os cheque para a adquisición de libros ( 1º e 2º de Primaria) estarán dispoñibles a partir do 7 de xullo.
Os fondos de libros ( 3º. 4º. 5º e 6º de Primaria) estarán dispoñibles a partir do 5 de setembro.

22/06/16

Despedida 6° curso

Esta semana, o noso compañeiro Hugo tivo unha gran idea. Ocurríuselle facer un vídeo despedíndonos todos os compañeiros. Este año marchamos para o instituto e danos moita pena, pero xa somos maiores, temos que marchar. Volveremos a visitarvos, pasade un bo verán.

21/06/16

Novo artigo na Galipedia

Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixemos un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeunos a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactamos un texto que lle enviamos por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntámonos na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subimos á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.

A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.


O club de balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Club Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


O clube de balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Clube Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


20/06/16

Excursión da Anpa

A nosa Anpa organizou unha viaxe ás illas Ons para a comunidade educativa..Mais de duascentas persoas entre nenos e familias, repartidas en dous barcos, pasaron o domingo nas illas Ons.
Parabens polo éxito!

16/06/16

Como é iso de estar en Primaria?

HOXE, AS BOLBORETAS , FOMOS A CLASE DE 1º DE VISITA. COMO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE CARA O CURSO QUE VEN, FOMOS A XUNTO DELES A VER SE NOS RESOLVÍAN ESAS INQUIETUDES QUE TIÑAMOS.  
TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS: QUE ANIMAL ERAN, SE TIÑAN QUE LEVAR UNHA MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN ESTOXO, SE ESTUDIABAN E INVESTIGABAN, SE TIÑAN XOGOS E BIBLIOTECA DE AULA, SE TEÑEN LIBRETAS, ...
POUCO A POUCO OS NENOS E NENAS DE 1º FORON CONTESTANDO A TODAS AS PREGUNTAS ...E QUEDAMOS UN POUCO MÁIS TRANQUILOS.
OUTRO DÍA IREMOS OUTRO RATIÑO PARA XOGAR E INVESTIGAR MÁIS COUSAS.





14/06/16

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



02/06/16

Recibimos a..

Este xoves recibimos a visita da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos,o concelleiro de Ensino Aldán Santamarina e o concelleiro de Cultura Salvador Meira. Acompañámolso na visita á nosa exposición virtual, e gustoulles moito. Se ainda non a visitastes, lembrade que de 9 a 9:30, e de 3:30 a 5 permanece aberta. Se non tedes descargada a aplicación Aurasma para poder visualizala, pedíde ao profe de garda que vos preste unha tablet do cole.