20/12/16

Felices festas!

A comunidade escolar do CEIP de Quintela quere desexarvos felices festas a todos e todas.

18/12/16

CARTEIS NADAL

Chega o Nadal e para estar ben informados do que vai acontecer ese día no noso cole temos uns carteis elaborados polos nenos e nenas de 3º. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que lles quedaron.





17/12/16

METEOQUINTELA


O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 

Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 

Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...















                                         














06/12/16

Informe Pisa

Diversos medios de comunicación publican hoxe o último informe Pisa de educación.
O informe Pisa é un programa internacional para a avaliación de estudantes non que participan a maioría dos países europeos.
Esta avaliación realízase cada tres anos.Son datos recollidos no ano 2014.
Os datos avalan a melloría na nosa comunidade autónoma:

Enlaces:
http://politica.elpais.com/politica/2016/12/05/actualidad/1480950645_168779.html
http://cadenaser.com/ser/2016/12/06/sociedad/1481018537_090028.html

03/12/16

Premio á investigación en E. Infantil

 De novo gañamos un premio no Concurso de Traballos por proxectos, convocado pola Dirección Xral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

O portal da Xunta de Galicia publica hoxe os centros premiados no III Concurso de Traballos por Proxectos. O noso centro acada un premio polo traballo realizado o curso pasado na aula de 6º de Infantil "As bolboretas Un proxecto de investigación que compartiron con todos nós.

O enlace para ver a súa investigación: As bolboretas

Parabéns á profe Ana e aos seus científicos alumnos/as.


Este foi o proxecto de investigación dos nenos e nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) o curso pasado.
.