27/11/17

Ao cole en bici

Algúns nenos de sexto animáronse a vir en bicicleta na semana da serpe. Bravo!!!

Segunda semana

Estamos empezando a segunda semana do xogo da serpe.
Quen gañará?

MÚSICA ENTRADA-SAÍDA

ESTA SEMANA:

ROZABÉN CON ESTOPA: "VIVIR"

20/11/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA SOARÁ:

THE BEATTLES: "SHE LOVE YOU"

17/11/17

Aquí está o xogo da serpe de novo

Queridas familias:

 Este curso volvemos a participar de novo no programa educativos educativo da Unión Europea "o xogo da serpe".
Como recordaredes é unha campaña dirixida a estudantes de primaria que promove formas de mobilidade sostible.
A campaña ten unha duración de dúas semanas, e comenza o próximo luns. O obxectivo é incrementar a porcentaxe de alumnado que acude andando ou en coche compartido ao cole, e diminuíndo polo tanto o volume de coches que circulan nos arredores da escola.
 Cada día da campaña rexistraremos os datos de cada aula, obtendo un punto por cada neno ou nena que veña andando ou en coche compartido.
No mural situado na entrada do cole veremos como vai avanzando cada grupo. Pedímosvos a vosa axuda para alcanzar a nosa meta, que é incrementar nun 20% a cantidade de nenos e nenas que acceden a escola andando ou en coche compartido.
Como novidade, esta ano o alumnado de sexto tamén poderá acudir ao cole en bicicleta, sempre con casco. Por este motivo instalamos dentro do recinto escolar un aparcadoiro para bicis.
Grazas pola vosa colaboración!

15/11/17

Celebramos o Día da Ciencia 2017

Este venres, día 17, celebramos no colexio o Día da Ciencia. Os nenos e nenas de 4º de primaria elaboraron estes carteis fermosísimos para anunciarnos os experimentos que nos teñen preparados.



13/11/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

PARA ESTA SEMNA TEMOS:

RONDO VENEZIANO: "CECILIA"

09/11/17

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradicionais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!

 

06/11/17

Datos de Meteoquintela do mes de outubro

 Este curso seguimos co proxecto Meteoquintela . No proxecto participan todos os nenos e nenas do cole.Día a día expoñemos os datos recompilados, e ao rematar o mes `cada nivel presenta o seu traballo en base aos datos recompiladosl
Estes son os datos d
o mes de outubro:

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA:

PLASTIC BERTRAN: "ASTERIX EST LA"

05/11/17

Carteis anunciando o Magosto

Chega o Magosto ao Colexio de Quintela!! 
Os nenos e nenas de 6º de Primaria queren anunciarnos esta celebración con estes fermosos carteis.




03/11/17

Samaín 2017

Un ano máis os nosos corredores quedaron espectaculares coas cabazas aportadas polas familias do alumnado. Queremos amosar o noso agradecemento pola súa participación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

02/11/17

Axudamos

O venres fomos ver un concerto de Susa Herrera no auditorio Daniel Castelao.
Como era a primeira saída do cole das tartarugas do cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria leváronos da man, para ensinarlles como hai que ir pola beirarrúa.
Encántoulles e fixéronno moi ben:

01/11/17

Deseñando bicis


Na clase de matemáticas deseñamos bicis como a de Delio Fernández. Para facelas solo podíamos usar escuadra, cartabón e compás. Gustounos moito facelas, e quedaron moi chulas!