20/12/17

Celebración do Nadal

Este xoves, día 21, celebramos o Día do Nadal no colexio. O alumnado de 3º de primaria elaborou estes fermosos carteis para que estemos ben informados do que vai acontecer. Agardamos moi emocionados a chegada dos Reis Magos!!!





18/12/17

MÚSICA ENTRADA E SAÍDA

ESTA SEMANA, A MÚSICA QUE SOA É:

CD O QUIQUIRIQUÍ: "DA ROSA ROSIÑA"

13/12/17

Premio ao proxecto "Día da ciencia en galego"

Estamos de noraboa!!
A asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar a resolución do IV Concurso de traballos por proxectos correspondente ao curso 2016-2017.
 O CEIP Quintela  de Moaña foi premiado polo proxecto "Día da ciencia en 4º curso", feito que nos reconforta polo recoñecemento ao traballo por competencias e ao traballo desenvolvido a prol da divulgación da Ciencia en galego.
Os nosos e as nosas investigadoras compartiron con todo o cole as súas investigacións e agora veñen de ser recoñecidos no seu labor. Foi o produto final de parte da materia "Aprender a investigar", a materia de libre configuración elixida no noso centro.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!

08/12/17

05/12/17

Meteoquintela en sexto de Infantil

Os nenos e nenas de sexto de infantil recompilan todos os días os datos que recollen os compañeiros de sexto de primaria da nosa caseta metereolóxica:

04/12/17