06/05/22

Día da Danza

 O 29 de maio celebramos o día Internacional da Danza.

Manolo Cobas, o  bailador e mestre de baile na Asociación Meiramar Axóuxeres e director artístico de  Lembranzas da Ría prestou o seu tempo para acercarnos á música tradicional. Este músico, vencellado á recuperación de danzas tradicionais, como a das Madamas e Galáns, impartiu ao longo da semana uns obradoiros de baile tradicional con todos os cursos.

A xornada do 29 celebramos o día da danza ao son da música tradicional e os nosos pés bailaron acompasados a ritmo de muiñeira.

Foi moi divertido!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.