O CEIP de Quintela é un centro con 6 unidades de Primaria e 3 de Infantil .
O colexio ten 17 profesores e profesoras. As especialidades que posúen son : Inglés, Música, Educación Física, Audición e linguaxe, Pedagoxía terapéutica, Relixión católica, Francés, Orientación, Primaria e Educación Infantil.
EDIFICIO PRINCIPAL |
No edificio central están as seguintes dependencias:
- Aulas de Primaria.
-Aula de 6º de Infantil
-Aula de Música .
-Biblioteca escolar e auidiovisuais.
-Comedor escolar.
- Radio escolar
-Aula de Inglés.
-Despacho de Orientación.
-Aula de apoio.
-Secretaría.
-Xefatura de estudos
-Dirección.
-Sala de profesorado.
Diante do edificio central está o pavillón escolar,e no extremo máis recollido do recinto escolar atópase o edificio de Educación Infantil,con patio propio.
Dende Educación Infantil as nenas e nenos reciben clases de Educación Física, Inglés,TIC, Música, Audición e Linguaxe e Fomento da lectura.
Os alumnos e alumnas reciben ademais apoio educativo para as necesidades educativas especiais, sexan de reforzo educativo ou de ampliación do currículo, segundo o caso.
Contamos con acceso a Internet, canón e encerado dixital en todas as aulas.
Os cursos de 5º e 6º de Primaria participan no Proxecto Edixgal, contando coa súa Wifi propia, da rede abalar. O resto do centro conta tamén con Wifi, podendo accceder á información e recursos educativos a través das tablets e os portátiles.
BIBLIOTECA |
No centro mantemos algunhas actividades comúns en todos os niveis educativos, como son as sesións de biblioteca ou de TIC , que contan con un horario propio.
Tamén coidamos, o horto escolar,no que cada nivel ten parcela propia,onde plantamos na primavera e recollemos cando remata o curso.
Traballamos nun proxecto interdisciplinar anual, no que todas as nenas e nenos participan.
PROXECTOS DE INNOVACIÓN
Plan LIA 2 para a lectura e a alfabetización mediática e informacional
Proxecto de Fomento da lingua galega
Plan Proxecta Meteoquintela, de meteoroloxía
Plan Proxecta Protexe os animais
Plan Proxecta Aliméntate ben
Contrato Programa pola Igualdade
Contrato Programa Xadrez na escola
Contrato Programa Patios Inclusivos
Seccións Bilíngües en inglés
PISTA POLIDEPORTIVA |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.