Comedor Escolar

O comedor escolar funciona dende o curso 2007/2008 mediante servizo de cateríng, actualmente na modalidade de xestión indirecta.

No curso actual utilizan os seus servizos 70  comensais, atendidos por 5 auxiliares de comedor.

O horario de comedor é de 14:00 h. a 15:30 h. agás o alumnado que ten actividades extraescolares, que permanece ao coidado das auxiliares ata que se incorpora o profesorado de tarde.