19/12/08

Visita de Papa Noel no colexio

Hoxe foi o último día de clase do 1º trimestre.
A partir das 11 fixemnos unha chocolatada para o alumnado e recibimos a visita de Papa Noel para entregar agasallos a todas as clases: xogos e contos.

Despois algúns alumnos representaron unha obra de teatro no auditorio Daniel Castelao, e todos xuntos cantaron panxoliñas.

Por último todos os alumnos e alumnas de 6º curso fixeron un pequeno resumo deste trimestre, e manifestaron os seus desexos para o vindeiro ano.

As clases comezarán de novo o xoves 8 de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.