01/11/26

FESTA DE SAMAÍN DA ANPA

 Pola tarde, a ANPA organizou unha fantástica festa de Samaín na que puidemos compartir unha tarde moi especial con todas as familias. Pasámolo de medo!!!


26/10/26

DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».

Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.

E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela! 


Música entrada e saída

 


19/10/26

Cros zonal XOGADE

 

Hoxe, o alumnado de 2º a  6º de primaria, estivo participando no cros zonal que se disputou nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira.

O evento estivo amenizado por un DJ que fixo bailar e desfrutar moito á rapazada.

Estivo xenial!









Música entrada e saída