Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións

03/07/26

As famlias colaboran no coidado da horta

 As familias están estés días a colaborar no traballo da horta. Hai que regar, quitar as malas herbas e recoller algunha xudía, cebola, repolo…

Grazas pola vosa axuda!










16/06/26

A horta

 Así de fermosa luce a horta do cole.





09/06/26

Hotel para bechos

 
A partir de hoxe o alumnado de Quintela pode gozar do hotel de bechos co que nos agasallou unha familia e que temos no patio. Poderán visitalo, darlle de comer, observalo…

Grazas!



11/03/26

A horta de Quintela

 Este ano traballamos moito na horta do cole. Empregamos a técnica de non cavar. Neste vídeo podedes ver como puxemos en marcha a nosa horta. Estamos aprendendo moito: nenos e nenas, profesorado e familias. 


11/05/25

A nosa horta

 Da gusto ver medrar as leitugas, os porros, as remolachas… Cada curso elaborou un cartel para colocar na súa parcela e así todos e todas sabemos o que hai plantado.








25/04/25

A horta

 Canto choveu nas vacacións de Semana Santa!

Tivemos que darlle unha boa limpeza a horta, pero quedou moi xeitosa e cunha plantación que medra a bo ritmo.


25/03/25

A plantación na horta vai medrando

 As caléndulas, os amorodos, as leitugas, os allos porros e as remolachas siguen en pé a pesar do temporal que tivemos esta fin de semana. 

Pronto teremos que quitar malas herbas para que medren como merecen!



28/05/21

COIDAMOS A NOSA HORTA

 Os nenos e nenas de 6°, nos recreos de comedor, colaboran para manter a horta libre de malas herbas. Grazas pola vosa axuda!






21/10/19

Consumimos moito plástico!

A semana pasada fixemos un reconto da cantidade de plástico que se recolle no colexio cada día despois das merendas... Temos moito que facer! Hai que buscar alternativas para no producir tanto lixo: só temos un planeta e queremos coidalo!

 LUNS:  0,970 kg.
MARTES: 1,100 kg
MÉRCORES: 2,090 kg
XOVES: 1,300 kg
VENRES: 1,200 kg.

TOTAL: 6,6 kg nunha semana

Nun mes serían máis ou menos 25 kg!!!

Algo teremos que facer para cambiar isto. Seguro que podemos!


15/03/19

Reciclaxe

Queridas familias:
Lembrámosvos que no colexio recollemos instrumentos de escritura que xa non pinten para reciclalos. Entre todos e todas coidamos a natureza.
Aquí tedes unha imaxe para explicarvos cales podemos reciclar e cales non.
Moitas grazas por colaborar!

19/04/18

As familias colaboran

A nosa horta estaba un pouco descoidada despois de tanta chuva. Pedimos axuda as familias, e rapidamente prepararon o terreo. Agora xa está lista para que os pequenos poidan plantar as súas leitugas.Grazas familias!


11/04/18

Taller de xabón

Onte fixemos o taller de xabón líquido para lavadora. Aquí deixámosvos unhas fotos e a receita, por se vos animades a facelo nas casa. Xa sabedes, se tedes algunha dúbida, preguntade!





XABÓN LÍQUIDO PARA LAVADORA

Precisamos:
Ø  1 litro de auga
Ø  10 g. de sosa
Ø  100 ml. Aceite de oliva
Ø  Sal

Así se fai:
1.     Poñemos mascarilla e luvas para protexernos.
2.     Nun recipiente, botamos 1 l de auga a temperatura ambiente. Engadimos pouco a pouco a sosa e remexemos ata que quede disolta. Deixamos repousar uns minutos.
3.     Botamos o aceite de oliva no envase no que vaiamos a facer o xabón.
4.     Engadimos a mestura de sosa e auga sobre o aceite. NUNCA AO REVÉS.
5.     Engadimos un pouquiño de sal, poñemos o tapón no recipiente e axitamos enerxicamente.
6.     Quitamos o tapón e deixamos repousar. A mestura debe axitarse 2 ou 3 veces ao día ata que o xabón se faga (tarde 15 días aproximadamente). O envase debe gardarse nun lugar escuro e seco.
7.    Se o xabón quedase moi denso, podemos poñer a baño María o envase e, cando o xabón estea derretido, engadimos auga quente. Despois hai que volver a axitar para homoxeneizar a mestura.

29/01/18

A nosa horta

 O Concello de Moaña agasallounos cunha nova composteira!Como recollemos cada día os restos orgánicos para facer compós, a composteira que tiñamos xa está chea!
As cousiñas da horta van medrando pouquiño a pouco. Estalles costando porque os caracois non paran de comer! Deben de estar boísimas as nosas verduriñas.


07/03/16

Charla da asociación da apicultores para as familias

Este martes 8 de marzo ás 16:00 horas, dous membros da asociación de apicultores de Moaña darán unha charla para pais e nais na biblioteca do cole, sobre a praga da avespa asiática, e ensinarán a contruír unha trampa. 
Para facela precisamos dúas botellas de plástico , unha de litro e medio, e outra pequena, ademais de un cúter.
Entre tod@s podemos contribuír a frenar esta praga.


19/10/15

Mantemos o patio limpo

Na clase de valores o alumnado de 6º aproveitaron para elaborar unha serie de recomendacións que nos axudarán a manter o patio do noso colexio un pouco máis limpo. Seguro que todos e todas nos esforzaremos para seguir as súas indicacións.

15/10/15

Canción da reciclaxe

Dende o equipo de Medio ambiente animamos a todos os nenos e nenas a facer aínda máis bonito o noso cole.

Na clase de valores o grupo de nenos e nenas de 2º aproveitaron para inventar a "canción da reciclaxe". Deste xeito resúltanos máis doado lembrarnos de botar o lixo no seu lugar.





08/06/14

A nosa horta

Os nenos e nenas de 6º fixemos un bancal de plantas silvestres na horta do cole. Foi unha fermosa experiencia que queremos compartir con vós. Aquí tendes un vídeo onde explicamos como tivo lugar todo o proceso.

 

17/09/13

Axudando o planeta

Un sitio web produce 0.02 gr. de CO2 por cada visita; máis ou menos 3.6 Kg. ao ano.
Unha árbore absorbe cada ano unha media de 10 kg. de CO2, é dicir, unha árbore reduce as emisións de dióxido de carbono do noso blog por un tempo correspondente a 50 anos.
Por este motivo, o noso blog é de impacto cero.
Só temos que poñer a imaxe de "O noso blog é Co2 Neutral" na web e plantarase unha árbore que axudará a coidar o medio ambiente.

Nós xa  axudamos a coidar o planeta!!

06/06/13

Taller de xabóns

Esta semana repartimos os xabóns que fixemos no taller do mes de abril. Aquí están os nenos e nenas de 1º E.P. cos seus xabonciños. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación! O vindeiro curso repetiremos e aprenderemos novas cousas!

05/04/13

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00. 

Un saúdo

María  - Coordinadora do Equipo de Natureza.