Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións

01/07/16

LIBROS TEXTO CURSO 2016-2017



1º DE PRIMARIA:
                                      
Matemáticas:

Matemáticas 1. Libro 1, 2 e 3. (Aula Activa). J. Fraile Martín. Vicens Vives

ISBN:9788468220284. Edición en castelán.

Inglés :
QUEST 1– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  1 – Activity book. Ed Macmillan


2º DE PRIMARIA:
         
Matemáticas:
Matemáticas 2: Libro 1, 2 e 3.  Aula activa. J. Fraile Martín. Vivens Vives.   
978-84-682-2834-1 Edición en castelán.
                   
L. Castelá:
Lengua 2 . Libro 1, 2 e 3 . Aula activa.  Vivens Vives
ISBN 978-84-682-2823-5.

Inglés
QUEST 2– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  2 – Activity book. Ed Macmillan.


3º DE PRIMARIA:
                                      
Matemáticas:  
Matemáticas 3. Libro 1, 2 e 3.  Aula activa  J. Fraile Martín Vicens Vives.
ISBN: 978-84-682-2050-5  Edición en castelán.

L.Castelá:
Lengua 3. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives.
ISBN: 978-84-682-2052-9 .

Ciencias Sociais:
 Sociais 3. Aula activa. Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-2201-1 Edición en galego.

Ciencias da natureza:
Ciencias da natureza 3º Primaria. Proxecto Celme.SM
ISBN: 978-84-9854-427-5 Edición en galego

Inglés :
QUEST 3– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  3 – Activity book. Ed Macmillan.


4º DE PRIMARIA:

L.Castelá
Lengua 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives.
ISBN 978-84-682-2835-6

Matemáticas:    
Matemáticas 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa.Vicens Vives.
ISBN 978-84-682-2881-5. Edición en castelán

Ciencias Sociais
Sociais 4. Vicens Vives.
ISBN 978 84 682 2898 3. Edición en galego.

Ciencias da natureza
Ciencias da Natureza 4º de Primaria. SM. Proxecto Celme
ISBN 978-84-9854-528-9, Edición en galego
                             
Inglés :
QUEST 4– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  4 – Activity book. Ed Macmillan.


5º DE PRIMARIA:                                
Matemáticas:
Matemáticas 5. Libro 1, 2 e 3. Aula activa.  Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-1469-6 . Edición en castelán.

L.Castelá:
 Lengua 5. Libro 1, 2 e 3.  Aula activa. Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-1456-6  Edición en castelán.

Ciencias Sociais:
Sociais 5.  Aula activa. Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-1543-3  Edición en galego.

Ciencias da natureza:
 Ciencias da natureza 5º Primaria. Proxecto Celme.SM
ISBN: 978-84-985-4424-4 Edición en galego

Inglés:
QUEST 5– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  5 – Activity book..Ed Macmillan.


6º DE PRIMARIA:
                                      
Matemáticas:  
 Matemáticas 6. Libro 1,2 e 3. Aula activa.  Vicens Vives
 ISBN: 978-84-682-1554-9  Edición en castelán.

L.Castelá:
 Lengua 6. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-2805-1  Edición en castelán.

Ciencias Sociais:
 Sociais 6. Aula activa. Vicens Vives
ISBN:  978-84-682-2852-5   Edición en galego.

Ciencias da natureza:
Ciencias da natureza 6º Primaria. Proxecto Celme.SM
ISBN: 978-84-9854-531-9 Edición en galego
                   
Inglés :
QUEST 6– Pupil’s book. Ed Macmillan.          
QUEST  6 – Activity book. Ed Macmillan.

28/06/16

Aviso da secretaría

Os cheques para a adquisición de material entregaranse a partir do 7 de xullo.
Os cheque para a adquisición de libros ( 1º e 2º de Primaria) estarán dispoñibles a partir do 7 de xullo.
Os fondos de libros ( 3º. 4º. 5º e 6º de Primaria) estarán dispoñibles a partir do 5 de setembro.

22/06/16

Despedida 6° curso

Esta semana, o noso compañeiro Hugo tivo unha gran idea. Ocurríuselle facer un vídeo despedíndonos todos os compañeiros. Este año marchamos para o instituto e danos moita pena, pero xa somos maiores, temos que marchar. Volveremos a visitarvos, pasade un bo verán.

21/06/16

Novo artigo na Galipedia

Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixemos un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeunos a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactamos un texto que lle enviamos por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntámonos na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subimos á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.

A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.


O club de balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Club Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


O clube de balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Clube Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


20/06/16

Excursión da Anpa

A nosa Anpa organizou unha viaxe ás illas Ons para a comunidade educativa..Mais de duascentas persoas entre nenos e familias, repartidas en dous barcos, pasaron o domingo nas illas Ons.
Parabens polo éxito!

16/06/16

Como é iso de estar en Primaria?

HOXE, AS BOLBORETAS , FOMOS A CLASE DE 1º DE VISITA. COMO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE CARA O CURSO QUE VEN, FOMOS A XUNTO DELES A VER SE NOS RESOLVÍAN ESAS INQUIETUDES QUE TIÑAMOS.  
TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS: QUE ANIMAL ERAN, SE TIÑAN QUE LEVAR UNHA MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN ESTOXO, SE ESTUDIABAN E INVESTIGABAN, SE TIÑAN XOGOS E BIBLIOTECA DE AULA, SE TEÑEN LIBRETAS, ...
POUCO A POUCO OS NENOS E NENAS DE 1º FORON CONTESTANDO A TODAS AS PREGUNTAS ...E QUEDAMOS UN POUCO MÁIS TRANQUILOS.
OUTRO DÍA IREMOS OUTRO RATIÑO PARA XOGAR E INVESTIGAR MÁIS COUSAS.





14/06/16

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



02/06/16

Recibimos a..

Este xoves recibimos a visita da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos,o concelleiro de Ensino Aldán Santamarina e o concelleiro de Cultura Salvador Meira. Acompañámolso na visita á nosa exposición virtual, e gustoulles moito. Se ainda non a visitastes, lembrade que de 9 a 9:30, e de 3:30 a 5 permanece aberta. Se non tedes descargada a aplicación Aurasma para poder visualizala, pedíde ao profe de garda que vos preste unha tablet do cole.

27/05/16

Abrimos a exposición interactiva. Non a perdades!

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016 "MANUEL MARÍA"
A partires desta tarde, queda aberta ao público a Exposición Interactiva sobre Manuel María feita por todo o alumnado
E necesario instalar a aplicación AURASMA para poder acceder aos contidos interactivos (aquí vos deixamos un titorial sobre como facelo http://colexioquintela.blogspot.com.es/…/exposicion-interac… )
Non esquezades de FACERVOS SEGUIDORES DA NOSA CANLE no AURASMA, do contrario, non poderedes ver os contidos agochados.
Na entrada do cole, tedes algúns consellos prácticos máis!
En caso de non poder acceder cos dispositivos móbiles, falade co profesorado de garda, para que vos presten algunha das  tablet do cole.
Podedes vir de 9h a 10h e de 15:30h a 17:00h. ⏰

MOITAS GRAZAS!

26/05/16

Rematou o festival 2016

Rematamos o festival das letras galegas 2016.
As mestras e mestres do cole queremos felicitar a todos os nenos e nenas pola ilusión con que participan e polo ben que o fixeron. 
Tamén queremos darlle as grazas ás familias por axudarnos tanto para que todo saia ben.
Nos próximos días iremos enlazando nos blogs do cole os vídeos e fotos das actuacións.

23/05/16

Celebramos as Letras Galegas: carteis

Esta semana celebramos o Festival das Letras Galegas no Auditorio de Quintela. Xa sabedes que as datas son o mércores e o xoves. No cole xa temos pegados os carteis que nos anuncian as diferentes actuacións. Aquí vos deixamos unhas imaxes.



19/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.


Poemas pola rúa

Seguindo a proposta do Concello de Moaña, sacamos a poesía á rúa. Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargadas de colgar pola rúa os poemas de Manuel María que prepararon en todas as aulas. Os poemas levan incorporados códigos QR para poder visualizar os vídeos con recitados de poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

 

Listaxe de alumnado admitido o curso 2016-2017

Seguimos pendentes da xuntanza da comisión de baremación para poder publicar os listaxes definitivos  de quinto curso.
 Nos outros cursos confirmanse as listaxes provisionais, tal como podedes consultar aquí:
http://colexioquintela.blogspot.com.es/2016/04/lista-provisional-de-admitidos-para-o.html

11/05/16

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016

ESTE ANO, PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016, FAREMOS NO COLE UNA EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE MANUEL MARÍA, ESCRITOR AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA ESTE ANO.

SE QUEREDER VIR VISITAR A EXPOSICIÓN NECESITAREDES UN DISPOSITIVO MÓBIL (MÓBIL, TABLET, IPAD,...) E A APLICACIÓN "AURASMA".

AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS TITORIAIS FEITOS POLOS NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA PARA PODER DESCARGAR A APLICACIÓN NOS DISPOSITIVOS IOS OU ANDROID.


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS IOS


TITORIAL PARA DISPOSITIVOS ANDROID


09/05/16

Meteoquintela en segundo curso

Bos días familias,
esta semana tócanos aos de segundo curso achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º curso.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.

06/05/16

As familias contan

Hoxe a clase de 2º tivo a sorte de ter a visita doutra mamá. Bea estivo con nós para contarnos o conto "Quen pode vencer o vento?" Trouxo un precioso dado feito por ela con todas as personaxes. Despois de escoitar a historia estivemos un rato xogando co dado. Moitas grazas por todo Bea!!