Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións

17/06/18

OLIMPIADA ESCOLAR

Unha vez máis, queremos agradecer ás familias, á ANPA, ás mestras e sobre todo ao alumnado o seu enorme esforzo e a súa implicación nesta xornada de deporte escolar.



08/06/18

Saímos na radio

Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez  "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.


31/05/18

HORARIO DAS PROBAS DA OLIMPIADA

Deixamos o horario das distintas probas que se celebrarán o sábado 9 de xuño na Olimpiada escolar.

O suliñado en cor LARANXA é para o alumnado de 5º de Infantil, 6º de Infantil e 1º de Primaria.

O suliñado en cor AMARELA e para o alumnado de 2º e 3º de Primaria.

O suliñado en cor AZUL é para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.

O suliñado en cor ROSA é para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO.



28/05/18

Festival Letras Galegas: actuacións

Estos son os vídeos do Festival das Letras 2018:
4º de Infantil coa canción "A mellor sopa do mundo":



5º de Infantil coa súa canción "Piratas" de Pablo Díaz:


6º de Infantil coa obra titulada "Don rato busca un obreiro"

1º de Primaria coa canción de Susa Herrera "O crocodilo":


2º de Primaria coa obra "Os desexos das margaridas":


3º de Primaria coa canción "A ra" de Susa Herrera:


4º de Primaria coa obra "A ratiña feroz", 1ª parte:


4º de Primaria "A ratiña feroz", 2ª parte:


5º de Primaria coa peza musical "A saia da Carolina":


6º de Primaria coa obra titulada "Restaurante Farruco":


23/05/18

Festival das Letras Galegas 2018

Rematou o Festival das letras Galegas 2018.

As mestras do cole queremos felicitar a todo o alumnado pola ilusión, esforzo e dedicación que amosaron preparando as actuacións e polo ben que o fixeron.

Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración para que todo saise ben e a súa presenza no auditorio.

Nos vindeiros días iremos enlazando nos blogs do cole as fotos e vídeos das actuacións.

22/05/18

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2018

Estimadas familias:
Queda aberta ao público a Exposición Interactiva que temos preparada no cole sobre María Victoria Moreno Márquez.
Lembrade que para visualizar os contidos de realidade aumentada é preciso ter a aplicación Aurasma (agora cambiou o icono a HP Reveal), dispoñible tanto para Android como para Ios.
Tamén temos unha guía impresa sobre como visitar a exposición, que podedes  coller na caixa colocada na entrada do colexio.
Poñemos a vosa disposición algún dos Ipad do cole para que poidades realizar a visita.
O horario de visita será de 15:30 a 17:30 horas, desde o día 23 de maio ata o 10 de xuño.






20/05/18

08/05/18

SEMANAS DA FROITA NA AULA DE INGLÉS

A PROFE MARÍA APROVEITOU O REPARTO DE FROITA PARA TRABALLAR NA AULA OS GUSTOS, PREFERENCIAS E VOCABULARIO RELACIONADO COA FROITA.





27/04/18

Recollida de datos metereolóxicos

En 3º de Primaria, cos datos obtidos ao longo dos meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo aprendemos a facer diagramas de barras na libreta e co xenerador de gráficos online  CHARTGO.

Datos
O día que máis choveu en...
outubro: 15 l / metro cadrado
novembro: 15 l / metro cadrado
decembro: 24 l / metro cadrado
xaneiro: 35 l / metro cadrado
febreiro: 42 l / metro cadrado
marzo: 42 l / por metro cadrado

Estes son os diagramas que aprendemos a facer: diagrama de barras e diagrama de pastel.



24/04/18

Meteoquintela en 3º

Este mes de abril na clase de 3º temos outra tarefa no proxecto de Meteoquintela: aprender  a recoller os datos na estación meteorolóxica e anotalos na pizarra. Para iso contamos coa axuda da clase de 6º.




19/04/18

As familias colaboran

A nosa horta estaba un pouco descoidada despois de tanta chuva. Pedimos axuda as familias, e rapidamente prepararon o terreo. Agora xa está lista para que os pequenos poidan plantar as súas leitugas.Grazas familias!


12/04/18

Biblioteca viva, escola viva

Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Estes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares,  teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.

O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva” 

11/04/18

Taller de xabón

Onte fixemos o taller de xabón líquido para lavadora. Aquí deixámosvos unhas fotos e a receita, por se vos animades a facelo nas casa. Xa sabedes, se tedes algunha dúbida, preguntade!





XABÓN LÍQUIDO PARA LAVADORA

Precisamos:
Ø  1 litro de auga
Ø  10 g. de sosa
Ø  100 ml. Aceite de oliva
Ø  Sal

Así se fai:
1.     Poñemos mascarilla e luvas para protexernos.
2.     Nun recipiente, botamos 1 l de auga a temperatura ambiente. Engadimos pouco a pouco a sosa e remexemos ata que quede disolta. Deixamos repousar uns minutos.
3.     Botamos o aceite de oliva no envase no que vaiamos a facer o xabón.
4.     Engadimos a mestura de sosa e auga sobre o aceite. NUNCA AO REVÉS.
5.     Engadimos un pouquiño de sal, poñemos o tapón no recipiente e axitamos enerxicamente.
6.     Quitamos o tapón e deixamos repousar. A mestura debe axitarse 2 ou 3 veces ao día ata que o xabón se faga (tarde 15 días aproximadamente). O envase debe gardarse nun lugar escuro e seco.
7.    Se o xabón quedase moi denso, podemos poñer a baño María o envase e, cando o xabón estea derretido, engadimos auga quente. Despois hai que volver a axitar para homoxeneizar a mestura.

04/04/18

Listaxes provisionais de alumnado admisión curso 2018/2019


Publicamos a listaxe de alumnado admitido para o curso 2018-2019. 

Recordamos que o alumnado que cursa estudos actualmente no centro, e o alumnado procedente da Escola de Educación Infantil O Con que fixo reserva para 1º de primaria ten asignada xa praza, polo que non figuran nas listaxes provisionais.

Informamos que todas as solicitudes están admitidas. 
O prazo de formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de maio.






03/04/18

MÚSICA ENTRADA-SAÍDA

Para esta semana temos:

RADIO COS: "VEN BAILAR CARMIÑA"