Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2019-2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2019-2020. Amosar todas as publicacións

01/07/20

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021


1º DE PRIMARIA:                

Matemáticas:

Matemáticas 1. Proxecto Zoom. J. Fraile Martín. Vicens Vives

ISBN:978 8468254692. Edición en castelán.

2º DE PRIMARIA
      
Matemáticas:

Matemáticas 2. Proxecto Zoom. J. Fraile Martín. Vivens Vives.     
978-84-682-5486-9 .Edición en castelán.

3º DE PRIMARIA           
Matemáticas:  
Matemáticas 3. Proxecto Zoom. Libro 1, 2 e 3.   J. Fraile Martín Vicens Vives.
ISBN: 978-84-682-5887-4  Edición en castelán.

L.Castelá:
Lengua Castellana y Literatura 3. Proxecto Zoom. Libro 1, 2 e 3. Vicens Vives.
ISBN: 978-84-682-5773-0 .

Inglés:
QUEST 3– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477735     
QUEST  3 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478695


4º DE PRIMARIA

L.Castelá:
Lengua 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa  
Vicens Vives  ISBN 978-84-682-2835-6

Matemáticas:    
Matemáticas 4. Libro 1, 2 e 3. Aula activa
Vicens Vives  ISBN 978-84-682-2881-5. Edición en castelán
                   
Inglés:
QUEST 4– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477742     
QUEST  4 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478701

5º DE PRIMARIA                 
Matemáticas:
Matemáticas competenciales. Proxecto Zoom. Caderno 1, 2 e 3.  Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-6328-1 . Edición en castelán.

L.Castelá:
Caderno lecturas competenciais. Proxecto Zoom. Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-6162-1.

Inglés:
QUEST 5– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477759     
QUEST  5 – Activity book..Ed Macmillan. 9780230478718


6º DE PRIMARIA
                                      
Matemáticas:  
 Matemáticas . Libro 1,2 e 3. Aula activa.  Vicens Vives
 ISBN: 978-84-682-1554-9  Edición en castelán.

Matemáticas competenciales 6ºP. Proxecto Zoom. Caderno 1, 2 e 3.  Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-4378-8 . Edición en castelán.

L.Castelá:
 Lengua 6. Libro 1, 2 e 3. Aula activa Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-2805-1  Edición en castelán.

Caderno lecturas competenciais 6ºP. Proxecto Zoom. Vicens Vives
ISBN: 978-84-682-6292-5.
         
Inglés:
QUEST 6– Pupil’s book. Ed Macmillan. 9780230477766     
QUEST  6 – Activity book. Ed Macmillan. 9780230478725


19/06/20

As mestras desexámosvos....

Un feliz verán!
Esperámosvos en setembro con moitas ganas e ilusión!



20/05/20

Axudas para adquirir libros de texto, material escolar e participar en fondo libros

Publicada a orde que regula a participación do alumnado matriculado no curso 2020-2021 no Fondo Solidario de Libros de Texto , as axudas para adquirir libros de texto e as axudas para adquirir material escolar .

DESTINATARIOS E MODALIDADES:

  •  Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria (curso 2020-2021)
  • Axuda para adquisición de libros de texto:1º e 2º de Primaria (familias con renda per cápita familiar inferior a 10.000 €).
  • Axuda para adquisición de material escolar : Educación Primaria (familias con renda per cápita familiar inferior a 10.000 €).

PRAZO
Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2020.

PRESENTACIÓN

  • Preferentemente Sede electrónica (con DNI electrónico, certificado dixital ou chave 365). CÓDIGO DO CENTRO : 36016607
  • aplicación Fondolibros  ( Crear solicitude, imprimir, asinar anotando o nº de solicitude e entregar no centro).
  • Presencial (Recoller e entregar a solicitude no centro, en horario asignado desde o centro, gardando as medidas de prevención do Ministerio de Sanidade: obriga de máscara, distancia de seguridade e desinfección de mans no centro).
DOCUMENTACIÓN
  • Anexo I .CÓDIGO DO CENTRO : 36016607
  • Anexo II
  • Fotocopia libro de familia da páxina na que figure o alumno/a e membros computables ( non é necesaria para o alumnado que solicitou a axuda no curso 2019-2020 no centro).
  •  Se é o caso sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do/da menor. Se non se dispón de Libro de familia,Certificado ou volante de convivencia.

REQUISITOS
  • 1 soa solicitude por familia na que figurarán todos os beneficiarios.
  • O alumnado de 1º de ESO tramitará axuda para material escolar por vía telemática, ou recollendo impreso no CEIP Quintela e entregando no IES A Paralaia.
CALENDARIO PARA A RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES
RECOLLIDA DE IMPRESOS DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS
25 de maio
26 maio
27 de maio
28 de maio
29 de maio
6ºInfantil
1º  e 2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
5º e 6º Primaria
ENTREGA DE SOLICITUDES E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO
8 xuño
9 xuño
10 xuño
11 xuño
12 xuño
15 xuño
5º Primaria
4º Primaria
3º Primaria
2º Primaria
1º Primaria
6º Infantil


07/05/20

RESTABLÉCESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN


         
 Podedes solicitar cita para entregar as vosas solicitudes de admisión chamando por teléfono

 886 11 02 76
en horario 
de 9:00 a 14:00


Os novos prazos do proceso son os seguintes:
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020 .
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ó 10 xullo de 2020.




28/03/20

Educando na adversidade

Hoxe os APLAUSOS DAS 8 querémosllos dedicar a todo o alumnado polo seu admirable exercizo de valentía destes días, e as súas estupendas familias, porque sen a súa paciencia, iniciativa e colaboración non sairiamos adiante.
Porque cada día sacan o mellor de si mesmas, para enfrontarse con éxito a este sorprendente estado de guerra contra a pandemia.
Porque estades asegurando o equilibrio emocional dos vosos fillos e fillas , dándolle recursos ante a adversidade que os acompañarán  para sempre .
Porque con calma e creatividade reinventades espazos, obxectos e palabras, para encher as vidas dos máis pequenos.
Porque coma sempre, pero nestes días máis que nunca sodes os nosos aliados imprescindibles doutro lado das pantallas.
E aplausos tamén para o alumnado, para todos os nenos e nenas que con valentía  se adaptan a un día a día nunca pensado.
Estamos tan orgullosas deles!!!
Ánimo familias, xuntos sairemos adiante!!!




21/03/20

DÍA DA POESÍA


HOXE É 21 DE MARZO, O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, E PARA CONMEMORALO E DARLLE UN POUCO DE LUZ E ALEGRÍA A ESTE COMPLICADO MOMENTO QUE ESTAMOS PASANDO, LEMBRAMOS ESTES VERSOS DE MANUEL MARÍA:









Engadir título



13/03/20

Información sobre a suspensión das clases

PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, as clases e demais actividades académicas , xunto cos servizos de plan Madruga, comedor e actividades extraescolares, quedan suspendidas desde o luns 16 de marzo.
Desde o centro facemos un chamamento para extremar as medidas de precaución, hixiene e aillamento ditadas polas institucións sanitarias, colaborando así co mínimo espallamento da infección. 
O centro permanecerá aberto ata vindeiras recomendacións da Consellería, pregando que vos comuniquedes vía telefónica para calquera aclaración que precisedes.
PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA:
A partir das 12 h. do día de hoxe 13 de marzo e ata as 6 da tarde, as familias poden pasar polo centro para recoller material e tarefas para os cursos de 1º a 6º  de Primaria.
En canto ao seguimento das tarefas, o profesorado estará a disposición de cada titoría a través do correo electrónico indicado nas instrucións destas.
A dirección

Suspensión das clases

A Consellería de Educación acordou a suspensión das clases en todos os niveis educativos  a partir do LUNS DÍA 16 con recomendación de que non asistan hoxe día 13.
LIGAZÓN

Ao longo da mañá de hoxe publicaremos indicacións do seguimento das tarefas académicas. O profesorado poñerase en contacto con todo alumnado a través do teléfono e o blog.

12/03/20

DIGICRAFT NO TEU COLE. PROGRAMAMOS OS NOSOS ROBOTS

Na sesión anterior, o alumnado investigou sobre varios tipos de robots. Remataron construíndo cada equipo o seu propio robot con material de refugallo.
Nesta sesión, fixemos un xogo no que tiñan que chegar a un punto determinado no taboleiro de xogo programando o seu robot cunhas cartas. Traballaron sobre os puntos cardinais para orientarse no espazo e tamén entenderon que os robots necesitan que lles digamos exactamente os movementos a facer para ir ao sitio que desexamos.
Gustounos moito!


11/03/20

EN MARZO REGALAMOS POESÍA

Quinto  agasállanos hoxe cun poema de Rosalía de Castro.



06/03/20

Ven a Quintela!!!

VEN A QUINTELA!! 
Comparte connosco o noso proxecto educativo, onde as familias aportan e importan; as emocións axudan a medrar e as competencias trazan o camiño cada día. 
Agardamos as vosas solicitudes!
O vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisións de solicitudes de matrícula.

EN MARZO REGALAMOS POESÍA

A clase de segundo agasállanos hoxe cun poema con moitos dentes, escrito por Ana María Fernández.




DIGICRAFT NO TEU COLE. BUSCADORES DE INFORMACIÓN

O alumnado aprendeu sobre os buscadores de internet e sobre a tecnoloxía dos robots. A actividade consistiu en buscar información sobre determinados tipos de robot, anotar características e para que serve o tipo de robot que lles tocou e, posteriormente, elaborar con material de refugallo o seu propio robot.
Estivo moi entretida!



05/03/20

EN MARZO REGALAMOS POESÍA

A clase de 1º regálanos un novo poema de de Antonio García Teijeiro, esta vez dedicado ás andoriñas.


04/03/20

EN MARZO REGALAMOS POESÍA

6º de infantil regálanos hoxe un poema de Antonio García Teijeiro cargado de amor.




DIGICRAFT NO TEU COLE. GOOGLE MAPS, ASISTENTE E TRADUCTOR DE GOOGLE


Nesta ocasión, o alumnado traballou coas distintas ferramentas de Google. Tiveron que facer captura de pantalla da información que lles daba o mapa a través de distintas ubicacións, traducir esa información (viña en distintos idiomas) e adiviñar o nome da persoa misteriosa a través de preguntas feitas ao asistente de Google.
Estivo xenial!!!



03/03/20

EN MARZO REGALAMOS POESÍA

Hoxe 5º de infantil regálanos unha divertida poesía de piratas.