02/02/10

Millo corvo


O curso pasado mercamos unha espiga de millo corvo e plantámola na escola.(proxecto Voz Natura)


Este outono recollemos a colleita. Como non temos hórreo, puxemos as espigas a secar nas aulas do segundo ciclo, porque da moito o sol.

Coas follas (follaco) fixemos un colchón!!!!

Hoxe no patio, o profe Antón (coordinador do proxecto) explicaunos que o millo veu de América.

Logo ensinounos a debullalo, e despois fixo cos carozos un xoguete. Os nenos e nenas debullaron, debullaron,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.