21/02/14

INFORMACIÓN FESTA DO ENTROIDO

CEIP   QUINTELA-MOAÑA.     Moaña, 24/02/2014.


 INFORMACIÓN FESTA DO  ENTROIDO.

Tal como é tradicional o venres día 28 imos celebrar no noso colexio a   FESTA DO ENTROIDO.
De 11  a 11:30 h en cada clase,  haberá unha degustación de sobremesas típicas destas datas.
A partires das  12:00h  na pista polideportiva  serán as actuacións cantando as coplas,  e as 12:30 sairemos en comparsa dando unha volta polos arredores do colexio. Convidamos a tódalas persoas que o desexen a  acompañarnos  e que veñan disfrazados.                                                                                                
Pedimos a colaboración dos pais/nais para  que cada neno/a traia algunha sobremesa  para comer na clase e que conserven os traxes para poder participar no enterro da xoubiña do sábado día 08 de marzo.         
Os días 3,4 e 5  de marzo non haberá  clases.   
·         Recordámoslles tamén que do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de admisión para alumnos/as novos.

    A Dirección, 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.