20/09/16

Actividades de educación vial

Na última semana de setembro teremos actividades de Educación Vial no cole, organizadas pola Xefatura Provincial de tráfico en coordinación coa Policia Local de Moaña.

Estas actividades foron impulsadas polo noso alumnado de 4º de Primaria do curso pasado

Para a realización desta actividade, pedimos a vosa colaboración xa que precisaremos :
12 bicicletas para o alumnado de Educación Infantil. Poden ser triciclos,correpasillos ou bicicletas.
12 bicicletas para o alumnado de 1º e 2º de Primaria, variadas, con e sen rodines.
12 bicicletas para o alumnado de 3º e 4º de Primaria tamén variadas.

O alumnado de 5º e 6º realizará as actividades con cars.

Anotádevos nas entradas do colexio os que vaiades traer bicicleta, para poder coordinarnos con vós no momento da recollida.
Todo o alumnado deberá traer o seu casco de bici.
O alumnado entregará o seu casco á titora correspondente o luns 26 rotulado co seu nome.
                                                                       
Grazas pola vosa colaboración

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.