03/11/16

INFORMACIÓN XERAL SOBRE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL



¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR  A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?




Cousas importantes que temos que saber

A linguaxe é un dos aspectos fundamentais para desenvolver o noso pensamento e para comprender o mundo que nos rodea 

Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles 

A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.

                                                        ¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?


-         Non empregar palabras infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-         Non empregar chupete xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
-     Non corrixir os erros de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-         Non obsesionarse coas dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.







                                 ¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?


Dedicando un tempo diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.

Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.  

Realizar xogos lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación de palabras a partir letras, ...

É moi útil empregar xoguetes de sopro  para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón... 

Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.

Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.