24/05/21

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

 

 (Do 21 de maio ó 22 de xuño)

 

PARA QUEN É?

·         O alumnado que vai cursar 1º e 2º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar a axuda para a adquisición de libros e material escolar. 

·         O alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar Fondo Solidario de Libros de Texto e axuda para mercar material escolar

O alumnado que vai cursar 1º da ESO o vindeiro curso debe entregar a solicitude no IES A Paralaia. Os prazos son os mesmos que para primaria.

O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar

Para ter dereito ó fondo de libros, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º terá que ter entregados os libros en bo estado antes do 22 de xuño

 

ONDE SE TRAMITA?

As solicitudes pódense facer a través de:

·         Aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros)

·         Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

·         A secretaría do cole

Para tramitalo a través da aplicación “fondlibros” ou “Sede Electrónica” é necesaria a Chave 365 ou certificado dixital

 

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR?

·         Impreso ED330B cuberto. Está dispoñible en secretaría ou pódese descargar na sede electrónica

·         Documentación que acredite o número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Pode ser libro de familia, volante de convivencia, sentenza xudicial de separación ou divorcio, informe de servizos sociais, certificado de defunción…

En caso de non autorizar a comprobación de datos, deberase achegar aquela documentación da que non se autorice a consulta (certificado de grao de discapacidade, resolución xudicial de incapacitación, declaración da renda…)

A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

 

ATA CANDO SE PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES?

Ata o 22 de xuño

 

A QUE AXUDAS SE PODE ACCEDER?

Alumnado que cursará 1º e 2º de Ed. Primaria o vindeiro ano académico

·         Axudas para adquirir libros de texto:

§  Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   210 €

§  Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      140 €

·         Axudas para material escolar

§  Renda per cápita igual o inferior a 6.000€     50 €

Alumnado que cursará de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro ano académico

·         Fondo solidario de libros:

§  Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   6 libros de texto

§  Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      4 libros de texto

Se sobran libros, a aplicación repárteos por orde de renda ata que se esgotan

·         Axudas para material escolar:

§  Renda per cápita igual o inferior a 6.000€     50 €

O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar

 

OUTRAS DATAS DE INTERESE:

Publicación de listaxes provisionais: 28 de xuño

Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días a partires da data de publicación

Publicación de listaxes definitivas: 1 de xullo

Entrega de vales de material: Colgarase aviso na porta e no blog do cole

Entrega de libros ó alumnado: ó comezo do curso, en setembro

 

NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.