29/06/21

LISTAXES PROVISIONAIS DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

 Xa está publicado no taboleiro do colexio a listaxe provisional de solicitudes beneficiarias de libros de texto do fondo solidario.

 

LEMBRADE:

 

·        En 3º e 4º de Educación Primaria traballaremos con tres libros:

o  Lingua española e literatura

o  Matemáticas

o  Lingua estranxeira (Inglés)

·        5º e 6º de Educación Primaria traballarán co proxecto Edixgal, polo que non terán libros de préstamo

·        Só aqueles/as que teñan adxudicados menos de tres libros, deberán mercar o da materia/s que falta/n

·        Os libros de adquisición complementaria non teñen vixencia neste centro, posto que só se traballa cos anteriormente citados

·        O libro de inglés que se concede no fondo solidario é o "Pupil's Book". O "Activity Book" non entra no fondo solidario, polo que deberán mercalo tódolos/as nenos/as.

 

 

* Contra a listaxe provisional poderanse facer reclamacións nos dous días seguintes a esta publicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario.Non esquezas por o teu nome,pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.