Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións

19/06/25

PRÉSTAMOS DE VERÁN

  Como xa están aí as vacacións e a  biblioteca do cole vai pechar,  tedes un ano máis, a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, por neno/a.Nos primeiros días de clase, en setembro, enviarémosvos unha nota co horario no que podedes devolvelos.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca o mércores 25 e o xoves 26. Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca, e as mestras, estarán alí para atendervos de 9.30 a 13.30h.

                       Saúdos e boas lecturas para o verán!!!



13/06/25

Convivencia en Castrelos

 A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.











Olimpíada Escolar

 Aquí deixamos un resumo da xornada do pasado sábado nas pistas de atletismo da Xunqueira. Un ano máis queremos agradecer ás familias a súa colaboración co cole; a ANPA, a súa entrega e axuda nese día tan especial para os  e as participantes; e, por último, ao alumnado, pola súa excelente actuación.

Parabéns!







10/06/25

Miña terra galega

 Bos días:

Aquí tendes o último traballo da banda do patio.

Esperamos que vos guste


03/06/25

Horarios Olimpíada Escolar

 Estimadas familias:

Aquí deixamos o horario da Olimpíada Escolar que se disputará o vindeiro sábado 7 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

A cor amarela é para o alumnado de 6° de primaria.

A cor verde, para o alumnado de 4° e 5° de primaria.

A cor azul, para o alumnado de 2° e 3° de primaria.

A cor rosa, para o alumnado de 6° de infantil e 1° de primaria.

O alumnado de 4° e 5° de infantil pechará a competición coa carreira de 230 m/l ás 19:10 horas.



02/06/25

Festival das Letras Galegas

Xa podedes consultar os blogs dos diferentes cursos para volver ver as diferentes actuacións do Festival das Letras Galegas. Aquí vos deixamos a actuación das Salgharitiñas, que abriron o festival.

Música entrada e saída

 


27/05/25

Logo do festival das Letras Galegas...

 A Banda do Patio, retoma a "dura" vida dos ensaios... 😉

18/05/25

Día das Letras Galegas

 O cole de Quintela conmemora o Día das Letras Galegas levando un broche en forma de pandeireta feitos na impresora 3D.





11/05/25

A nosa horta

 Da gusto ver medrar as leitugas, os porros, as remolachas… Cada curso elaborou un cartel para colocar na súa parcela e así todos e todas sabemos o que hai plantado.








29/04/25

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

 O vindeiro luns 5 de maio, teremos unha xuntanza do club de lectura de familias, ás 20h, na biblioteca do cole. Nesta caso limos "Doncella de hierro", de Eva Riobó, e temos a sorte de contar con ela nesta xuntanza.

Animamos ás familias que o desexen a participar na xuntanza!!!




28/04/25

Caranvexornal

 Aquí podedes ver o magnífico informativo que fixemos no cole para publicar na páxina do Concello de Moaña dedicada a dar visibilidade ao traballo feito nos distintos centros educativos.


Música entrada e saída


 

25/04/25

A horta

 Canto choveu nas vacacións de Semana Santa!

Tivemos que darlle unha boa limpeza a horta, pero quedou moi xeitosa e cunha plantación que medra a bo ritmo.