Amosando publicacións coa etiqueta 6º primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6º primaria. Amosar todas as publicacións

30/04/24

DÍA DA DANZA

Este luns, 29 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP Quintela celebraron o Día da Danza bailando dúas pezas de música tradicional galega.


27/06/23

Final do Campionato Escolar de Ergómetro

Nos últimos días de cole, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou no Campionato Escolar de Ergómetro organizado pola S.D. Samertolameu Fandicosta. Clasificáronse varios nenos e nenas para a final, que se celebrou este pasado venres nas inmediacións da lonxa de Meira.

Estivo moi emocionante e conseguíronse moitas medallas.

Aquí vos deixamos un resumo.

 

20/09/22

Lettering na aula de 6°

 Queremos dar as grazas a todos os nenos e nenas de 6º de primaria polo excelente traballo que fixeron cos nomes das taquillas da sala do profesorado.

Sodes uns e unhas artistas!!!!





02/05/22

Rematan as clases de natación para 6º de primaria

 Pasámolo en grande o venres na piscina, con variados xogos e coa profe Gali dentro da auga!




22/04/22

Terceiro día de piscina na aula de 6º de primaria

 Hoxe tivemos a nosa terceira sesión de E.F. na piscina. Traballamos un pouquiño braza e tamén estivemos facendo algo que nos gusta moito, tirarnos de distintos xeitos!




08/04/22

Segundo día de piscina na aula de 6º de primaria

 Aquí vos deixamos un resumo da xornada de hoxe. Traballamos conceptos básicos de espalda e algo de braza.



01/04/22

6º de primaria fai uso das instalacións da piscina municipal de Moaña

O concello de Moaña, en colaboración coa piscina municipal, ofrece a todos os coles a posibilidade de gozar dun día a semana durante un mes, das instalacións da piscina por parte dos mestres de educación física para o traballo dos contidos da natación co alumnado.
Hoxe, dentro da sesión de E.F., os nenos e nenas de 6º fomos á mesma para  desfrutar e aprender sobre natación.
Saímos encantados!

11/03/22

26/02/22

O entroido en Quintela

As mestras e mestres do cole queren darvos os parabéns a todos e todas pola excelente actuación que fixestes! Máis orgullosos non podemos estar!

























21/01/22

DIGICRAFT NO TEU COLE. SPHERO MINI PARA TRABALLAR A COMPETENCIA ARTÍSTICA EN 6º DE PRIMARIA

 Cuns vasos de papel, aos que lles pegamos un rotulador e colocamos os robots na parte de dentro, fixemos unhas creacións moi chulas sobre un papel continuo.

Pasámolo moi ben!



21/12/21

VISITA DOS REIS MAGOS AO COLE

 

 HOXE VISITÁRONNOS OS REIS MAGOS NO COLE. CANTÁMOSLLES AS NOSAS PANXOLIÑAS E ELES DÉRONNOS AGASALLOS E CARAMELOS. 

DEIXAMOS OS VÍDEOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O FIXEMOS!










 

 

25/11/21

25N - CUREMOS A VIOLENCIA

Curemos a violencia conta as mulleres, acabemos con ela, e eduquemos para que desapareza.

28/05/21

COIDAMOS A NOSA HORTA

 Os nenos e nenas de 6°, nos recreos de comedor, colaboran para manter a horta libre de malas herbas. Grazas pola vosa axuda!






21/05/21

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021

 Neste ano peculiar, o noso festival das Letras Galegas non puido celebrarse como nos gustaría, pero iso non impide que queiramos dar as grazas ás familias pola súa colaboración e a o marabilloso alumnado que temos no cole polo seu traballo. Parabéns!

Aquí tedes as actuacións de todos os nenos e nenas do cole.

4º INFANTIL. CANCIÓN "A PRIMAVERA"


5º INFANTIL: CONCERTO PERCUSIÓN



6º INFANTIL: CANCIÓN "O ROCK DA DUCHA"

 

1º PRIMARIA: CANCIÓN "CANTO SEI"


2º PRIMARIA: CONTO "A QUE SABE A LÚA"


3º PRIMARIA: CANCIÓN "PARAMPAMPERO"


4º PRIMARIA: TEATRO "RESTAURANTE FARRUCO"


5º PRIMARIA: CANCIÓN "VAI TU, VAI TU, VAI ELA"


6º PRIMARIA: CONTO "TODO É UN CONTO"

10/05/21

DIGICRAFT NO TEU COLE. WHITEBOARD E QUICK DRAW EN 6º DE PRIMARIA

 

Demos un repaso ao tema da intelixencia artificial relacionando ás ordes que damos a unha máquina para que faga algo e cómo ela interpreta as instrucións.
Primeiro fixémolo coa aplicación whiteboard, donde a mestra daba ordes sinxelas para facer un debuxo e un debuxaba o que interpretaba e os demáis do grupo tiñan que adiviñar o obxecto debuxado.
A continuación fixemos o mesmo, pero a aplicación quick draw nos decía o obxecto, nos debuxabamos e a máquina tiña que adiviñar.
Estivo entretido!



24/02/21

DIGICRAFT NO TEU COLE. VISITAMOS O MUSEO THYSSEN NA AULA DE 6º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6º somos artistas que quixemos reproducir algúns dos cadros que se expoñen no museo Carmen Thyssen de Málaga. Tivemos que visitar o museo virtualmente para atopar os cadros e así poder pintar os nosos seguindo o exemplo.




08/02/21

DIGICRAFT NO TEU COLE. SPHERO MINI EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Esta semana, o alumnado traballou a competencia dixital, a percepción espacial e outras moitas cousas máis xogando coas Sphero mini. Quedaron encantados! 





24/12/20

OS REIS MAGOS VISITAN O COLE

 Neste Nadal non faltaron os Reis Magos no cole de Quintela. Como non podía ser doutro xeito viñeron cargadiños de agasallos e escoitaron con moita ilusión as panxoliñas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas.

Aquí podedes ver que ben o fixeron.