Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital: Moldiv. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia dixital: Moldiv. Amosar todas as publicacións

22/05/18

EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2018

Estimadas familias:
Queda aberta ao público a Exposición Interactiva que temos preparada no cole sobre María Victoria Moreno Márquez.
Lembrade que para visualizar os contidos de realidade aumentada é preciso ter a aplicación Aurasma (agora cambiou o icono a HP Reveal), dispoñible tanto para Android como para Ios.
Tamén temos unha guía impresa sobre como visitar a exposición, que podedes  coller na caixa colocada na entrada do colexio.
Poñemos a vosa disposición algún dos Ipad do cole para que poidades realizar a visita.
O horario de visita será de 15:30 a 17:30 horas, desde o día 23 de maio ata o 10 de xuño.






08/05/18

SEMANAS DA FROITA NA AULA DE INGLÉS

A PROFE MARÍA APROVEITOU O REPARTO DE FROITA PARA TRABALLAR NA AULA OS GUSTOS, PREFERENCIAS E VOCABULARIO RELACIONADO COA FROITA.





16/03/18

UN CÓDIGO QR NO TRABALLO SOBRE AS MULLERES EN 5º CURSO

Na entrada do cole temos unha exposición do traballo feito polo alumnado de 5º curso sobre as mulleres e os inventos.
Puxémoslle un código QR para que poidades ver a montaxe en formato dixital.


01/06/17

ABRIMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE CARLOS CASARES

A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
VIDE DESCUBRIR OS CONTIDOS EN REALIDADE AUMENTADA QUE AGOCHA A EXPOSICIÓN. 
ESPERAMOS A VOSA VISITA!!!


HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.



Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.





26/10/16

O MEDO decora os corredores e entradas do cole!

O Samaín chegou a Quintela!!!! Temos as entradas e os corredores que meten medo!!!! Mirade, mirade...