Amosando publicacións coa etiqueta curso 2025-26. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2025-26. Amosar todas as publicacións

03/07/26

As famlias colaboran no coidado da horta

 As familias están estés días a colaborar no traballo da horta. Hai que regar, quitar as malas herbas e recoller algunha xudía, cebola, repolo…

Grazas pola vosa axuda!










23/06/26

Comedores escolares


O prazo para presentar as solicitudes remata o venres 3 de xullo.

Se queredes consultar as instrucións, premede aquí.

22/06/26

Olimpíada escolar

 Un ano máis, o cole quere felicitar a todo o alumnado, ás familias e a ANPA pola gran labor feita de cara a olimpíada.

Orgullosas do traballo realizado.


Parabéns!


















18/06/26

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 


Pode facerse de forma telemática.

Premede para ver as instrucións.

Premede para descargar o impreso.

Tamén pode facerse de forma presencial no centro.

16/06/26

A horta

 Así de fermosa luce a horta do cole.





Saída de convivencia final

 Aquí deixamos un pequeno video resumen da xornada de convivencia que tivemos o pasado venres na arboreda da Xunqueira e no parque de San Bartolomé. 


09/06/26

Hotel para bechos

 
A partir de hoxe o alumnado de Quintela pode gozar do hotel de bechos co que nos agasallou unha familia e que temos no patio. Poderán visitalo, darlle de comer, observalo…

Grazas!



02/06/26

Becas NEAE

 

Aquí tedes a información sobre as becas NEAE para o vindeiro curso2026/2027.



27/05/26

Horario da Olimpíada Escolar

 Estimadas familias.

Como sabedes, a Olimpíada escolar celebrarase o vindeiro día 6 de xuño nas pistas de atletismo da Xunqueira.

Aquí tedes o horario das distintas probas que se realizarán.

A cor amarela é para o alumnado de 6º de primaria.

A cor azul é para o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A cor rosa é para o alumnado de 2º e 3º de primaria.

A cor verde é para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.

A cor laranxa é para o alumnado de 4º e 5º de infantil.



21/05/26

Obradoiro na biblioteca

 Os vindeiros luns, martes e mércores, na hora do recreo.



19/05/26

Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros de texto e material escolar

 Estimadas familias.

Xa está aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para libros de texto e material escolar.

Podedes consultar aquí a normativa.



15/05/26

Olimpíada escolar

 Aquí temos o cartel da Olimpíada escolar.

Reservade ese día para participar nesta festa do deporte co cole!



07/05/26

Desafío CanSat

Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. 

Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.

Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.

Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.

Parabéns polo excelente traballo!