30/04/24
Corresponsabilidade no fogar
DÍA DA DANZA
Este luns, 29 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP Quintela celebraron o Día da Danza bailando dúas pezas de música tradicional galega.
27/06/23
Final do Campionato Escolar de Ergómetro
Nos últimos días de cole, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou no Campionato Escolar de Ergómetro organizado pola S.D. Samertolameu Fandicosta. Clasificáronse varios nenos e nenas para a final, que se celebrou este pasado venres nas inmediacións da lonxa de Meira.
Estivo moi emocionante e conseguíronse moitas medallas.
Aquí vos deixamos un resumo.
30/03/23
Patio e xogo libre ao sol
09/03/22
Digicraft no teu cole. Aprendemos sobre buscadores de internet na aula de 5º de primaria
Apendemos diferencias sobre buscadores como Ecosia, Duck Duck gG, Bing xogando a buscar información nos mesmos para obter a palabra clave e levar así a letra correspondente do rosco.
26/02/22
O entroido en Quintela
As mestras e mestres do cole queren darvos os parabéns a todos e todas pola excelente actuación que fixestes! Máis orgullosos non podemos estar!
19/01/22
DIGICRAFT NO TEU COLE. TRADUTOR DE GOOGLE NA AULA DE 5º DE PRIMARIA
Nesta sesión, aprendemos a traducir palabras de distintos idiomas ao español coa aplicación tradutor de google.
Coloreamos os debuxos en función da cor da tarxeta que traducimos.
Estivo moi entretida.
21/12/21
VISITA DOS REIS MAGOS AO COLE
HOXE VISITÁRONNOS OS REIS MAGOS NO COLE. CANTÁMOSLLES AS NOSAS PANXOLIÑAS E ELES DÉRONNOS AGASALLOS E CARAMELOS.
DEIXAMOS OS VÍDEOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O FIXEMOS!
27/11/21
25/11/21
25N - CUREMOS A VIOLENCIA
21/05/21
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021
Neste ano peculiar, o noso festival das Letras Galegas non puido celebrarse como nos gustaría, pero iso non impide que queiramos dar as grazas ás familias pola súa colaboración e a o marabilloso alumnado que temos no cole polo seu traballo. Parabéns!
Aquí tedes as actuacións de todos os nenos e nenas do cole.
4º INFANTIL. CANCIÓN "A PRIMAVERA"
13/04/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. WHITE BOARD EN 5º DE PRIMARIA
13/03/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. SPHERO MINI EN 5º DE PRIMARIA
08/02/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. SPHERO MINI EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Esta semana, o alumnado traballou a competencia dixital, a percepción espacial e outras moitas cousas máis xogando coas Sphero mini. Quedaron encantados!
24/12/20
OS REIS MAGOS VISITAN O COLE
Neste Nadal non faltaron os Reis Magos no cole de Quintela. Como non podía ser doutro xeito viñeron cargadiños de agasallos e escoitaron con moita ilusión as panxoliñas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas.
Aquí podedes ver que ben o fixeron.
25/11/20
04/11/20
DIGICRAFT NO TEU COLE. PROGRAMAMOS COS ZOWI EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Os Zowi permitíronnos aprender e, sobre todo pensar, no que é a linguaxe de programación. Tivemos que pensar os movementos que queriamos que fixera e colocalos na orde na que queriamos que os reproducise. Estivemos moi entretidos!
20/10/20
DIGICRAFT NO TEU COLE. NETIQUETA E IDENTIDADE DIXITAL COS ZOWI EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Nesta sesión o alumnado aprendeu sobre os conceptos de netiqueta e identidade dixital (importancia do coñecemento das normas de comportamento na rede e da identidade das persoas nas redes) traballando cos Zowi.
Pasáronno xenial!
19/10/20
DIGICRAFT NO TEU COLE. SEEK EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Traballamos a intelixencia artificial convertindo aos nenos e nenas en biólogos e biólogas que estudan distintas especies a través dunha aplicación (Seek) que proporciona información a través do enfoque dunha imaxe.
Gustoulles moito!
11/10/20
DIGICRAFT NO TEU COLE. CHATBOT E ASISTENTE DE GOOGLE EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Nesta sesión o alumnado aprendeu sobre o chatbot que interaciona con nós a través do asistente de Google para proporcionarnos información do que desexamos saber.