Este luns, 29 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP Quintela celebraron o Día da Danza bailando dúas pezas de música tradicional galega.
30/04/24
27/06/23
Final do Campionato Escolar de Ergómetro
Nos últimos días de cole, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou no Campionato Escolar de Ergómetro organizado pola S.D. Samertolameu Fandicosta. Clasificáronse varios nenos e nenas para a final, que se celebrou este pasado venres nas inmediacións da lonxa de Meira.
Estivo moi emocionante e conseguíronse moitas medallas.
Aquí vos deixamos un resumo.
05/05/22
Linguaxe de programación en 3º e 4º de primaria
Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.
Estivo moi divertido!
09/03/22
Aprendemos sobre a organización da biblioteca en 3º e 4º de primaria
Estos días estamos traballando a organización dos distintos espazos da biblioteca para saber movernos polos distintos recantos. Aproveitamos as sphero Mini para facer a aprendizaxe máis divertida.
26/02/22
O entroido en Quintela
As mestras e mestres do cole queren darvos os parabéns a todos e todas pola excelente actuación que fixestes! Máis orgullosos non podemos estar!
14/02/22
DigiCraft no teu cole. Merge Cube en 4º de primaria
Entramos nun espazo virtual e axudamos aos protagonistas a resolver un misterio e atopar un tesouro.
28/01/22
DIGICRAFT NO TEU COLE. A INTELIXENCIA ARTIFICAL COA APLICACIÓN WHITEBOARD NAS AULAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA
Intentamos entender o xeito no que as máquinas interpretan a información que os humanos lles proporcionamos e como procesan esa información. Pasámolo moi ben!
21/01/22
DIGICRAFT NO TEU COLE. SPERO MINI PARA APRENDER SOBRE OS DEREITOS DE USO DA INFORMACIÓN NA AULA DE 4º DE PRIMARIA
Aprendemos sobre os conceptos CopyRight, Creative Commons con atribucións e Creative Commons non comercial xogando coas Sphero Mini.
Encantounos!
20/01/22
DIGICRAFT NO TEU COLE. MERGE CUBE PARA APRENDER SOBRE O CORPO HUMANO EN 4º DE PRIMARIA
Canto aprendemos sobre o corpo humano e os seus principais órganos xogando cos Merge Cube!
21/12/21
VISITA DOS REIS MAGOS AO COLE
HOXE VISITÁRONNOS OS REIS MAGOS NO COLE. CANTÁMOSLLES AS NOSAS PANXOLIÑAS E ELES DÉRONNOS AGASALLOS E CARAMELOS.
DEIXAMOS OS VÍDEOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O FIXEMOS!
29/11/21
4º DE PRIMARIA AMOSA OS SEUS EXPERIMENTOS NA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA
Os nenos e nenas de 4º convertéronse o pasado venres en científicos para amosarnos os seus experimentos e conmemorar así o día da Ciencia, dedicado este ano a Jimena Fernández de la Vega. Tamén estudaron sobre Elena García Armada.
Aquí deixamos unha proba do ben que o fixeron. Desde o cole queremos darvos os parabéns polo bo traballo que fixéchedes todos e todas e tamén agradecemos ás familias a súa colaboración neste traballo.
PRESENTACIÓN.
27/11/21
25/11/21
25N - CUREMOS A VIOLENCIA
28/10/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. CÓDIGOS QR PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS EN 4º DE PRIMARIA
Nestas sesións, o traballo que fixemos foi o tema emocional. Primeiro xogamos con tarxetas nas que tiñamos que expresar a emoción que nos pedía a través da mímica e logo, pintamos caras con distintas emocións e, cos códigos QR xogamos a amosar a emoción que nos pedía a tableta.
Estivo moi entretido e rimos moito!
25/10/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. CÓDIGOS QR PARA TRABALLAR A INTELIXENCIA ARTIFICIAL EN 4º DE PRIMARIA
Nesta sesión, o alumnado traballou a intelixencia artificial a través de tarxetas que amosaban diante da pantalla das tabletas para que o programa identificara si eran iguais ou non. Foi un xogo tipo memory que lles permitiu comprobar que as máquinas non teñen a capacidade humana aínda que se aproximan bastante a ela.
Gustou moito!
DIGICRAFT NO TEU COLE. ASISTENTE DE GOOGLE EN 4º DE PRIMARIA
Nesta sesión, o alumnado estivo traballando co asistente de Google, que lles narraba un conto e eles, mediante frechas que eles recortaron e pegaron nuns paus, decidían os derroteiros polos que continuar a historia.
Estivo moi ben!
16/06/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY EN 4º DE PRIMARIA
Os nenos e nenas construímos un xilófono e, ao conectalo ás placas makey makey, reproducimos sons e fixemos música.
Estivo xenial!
21/05/21
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021
Neste ano peculiar, o noso festival das Letras Galegas non puido celebrarse como nos gustaría, pero iso non impide que queiramos dar as grazas ás familias pola súa colaboración e a o marabilloso alumnado que temos no cole polo seu traballo. Parabéns!
Aquí tedes as actuacións de todos os nenos e nenas do cole.
4º INFANTIL. CANCIÓN "A PRIMAVERA"
29/04/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. TOONTASTIC EN 4º DE PRIMARIA
19/04/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. CREAMOS HISTORIAS COA APLICACIÓN TOONTASTIC EN 4º DE PRIMARIA
Esta semana, dedicamos a sesión a traballar as partes das historias coa aplicación Toontastic.
Saíron cousiñas interesantes...