Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2023-2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2023-2024. Amosar todas as publicacións

20/06/24

Olimpíada escolar

 Un ano máis queremos agradecer ao alumnado o seu grande esforzo e dedicación nesta olimpíada. Esto non sería posíbel sen a colaboración das familias e ANPA das que nos sentimos tan orgullosas. Grazas por este marabilloso día!








01/06/24

5º e 6º no Festival 2024

 5º de primaria: "Se chove"


6º de primaria: "A lavandeira da noite"
6º de primaria: "Restaurante Farruco"

30/05/24

Festival Letras Galegas

4ª de infantil: "Métete baixo o mar"
5º de infantil: "A danza da chuvia"
6º de infantil:"O peixe Salmonete"

28/05/24

Horario da Olimpíada (15 de xuño de 2024)

 Estimadas familias. Aquí vos deixamos o horario das diferentes probas que se celebrarán na olimpiada escolar.



15/05/24

Boas prácticas en Internet

 Ao longo do curso imos traballando coas novas tecnoloxías e formando ao alumnado no seu uso correcto, respectuoso e seguro.

Chega a quenda das familias, para intercambiar información e recomendacións de boas prácticas no acompañamento aos nenos e nenas cando se achegan a internet.

Animádevos a asistir á charla de Enrique Montenegro, profesor da Facultade de Inxeñería de Telecomunicacións de Vigo. A súa longa experiencia na formación do alumnado de diferentes idades neste plano, aportará claves importantes a todas as familias.



13/05/24

Charla e obradoiro sobre a avespa velutina

A biblioteca acolleu unha charla e obradoiro sobre a vespa velutina. A coordinadora do equipo de Natureza foi a encargada de impartila. No obradoiro, as familias construiron a súa propia trampa para esta especie de avespa invasora.

Música entrada e saída

 


09/05/24

Caranvexornal TV

 Aquí vos deixamos a nosa edición do Caranvexornal.


30/04/24

Charla de familias

Hoxe tivemos unha charla de familias sobre o benestar emocional na infancia a cargo da asociación Alborada.

Corresponsabilidade no fogar

Hoxe tivemos a visita đas promotoras de Igualdade do Concello de Moaña que nos ofreceron un taller de tarefas domésticas para fomentar a corresponsabilidade no fogar.


 

DÍA DA DANZA

Este luns, 29 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP Quintela celebraron o Día da Danza bailando dúas pezas de música tradicional galega.