O mércores, 25 de maio, celebraremos o festival das Letras Galegas pola tarde para as familias.
Será en tres sesións.
Estas son as actuacións cos seus horarios:
O mércores, 25 de maio, celebraremos o festival das Letras Galegas pola tarde para as familias.
Será en tres sesións.
Estas son as actuacións cos seus horarios:
O vindeiro mércores, 25 de maio, celebraremos o festival das Letras Galegas na sala Celso Parada.
As nenas e nenos de 6º de primaria elaboraron estes estupendos carteis para darnos a coñecer as actuacións que van ter lugar pola mañá:
Aquí deixamos o horario das distintas probas da Olimpíada Escolar que se celebrará o día 11 de Xuño.
A cor rosa sería para o alumnado de 6º de primaria.
A cor amarela sería para o alumnado de 4º e 5º de primaria.
A cor laranxa sería para o alumnado de 2º e 3º de primaria.
A cor verde sería para o alumnado de 6º de infantil e 1º de primaria.
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Na sesión de hoxe traballamos co tradutor. Tiñan que colorear uns obxectos pero estaban escritos en idiomas que non eran o español, polo que tivemos que utilizar a aplicación tradutor para saber o significado das palabras.
O 29 de maio celebramos o día Internacional da Danza.
Manolo Cobas, o bailador e mestre de baile na Asociación Meiramar Axóuxeres e director artístico de Lembranzas da Ría prestou o seu tempo para acercarnos á música tradicional. Este músico, vencellado á recuperación de danzas tradicionais, como a das Madamas e Galáns, impartiu ao longo da semana uns obradoiros de baile tradicional con todos os cursos.
A xornada do 29 celebramos o día da danza ao son da música tradicional e os nosos pés bailaron acompasados a ritmo de muiñeira.
Foi moi divertido!
Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.
Estivo moi divertido!
Pasámolo en grande o venres na piscina, con variados xogos e coa profe Gali dentro da auga!