Amosando publicacións coa etiqueta A música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A música. Amosar todas as publicacións

13/05/14

"Cantos animais" de Susa Herrera

O mércores pasado Susa Herrera presentounos o seu último libro Cantos animais. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.I e 1º, 2º e 3º de EP fomos ao auditorio Daniel Castelao para escoitar algunhas das cancións. Encántannos! Velaquí tendes algunhas:
O crocodilo
A xoaniña

 Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:

28/06/13

Concerto de Susa Herrera

Somos uns afortunados! Susa Herrera estivo connosco o día 18 para presentarnos o seu último traballo: "En Cabárceno se oye cantar". É un libro fabuloso con CD e DVD no que ao tempo que bailamos e cantamos aprendemos moito sobre 10 animais. Grazas, Susa! Feliz verán a tod@s! Aquí tendes unha mostra do seu traballo. Que ben o pasamos! A avestruz O iac O gorila O oso pardo

19/04/10

Concerto da Escola de Música










A Escola de Música de Moaña, igual que en cursos anteriores agasallounos co conto musicado "A viaxe das bolboretas".Cada personaxe era interpretado por un instrumento e caracterizado por un ritmo e melodía diferentes.
Clarinete, frauta,saxo, trompeta,trombón...transformados en vermes,tesoiriñas,xoaniñas,grilos... Unha acertada maneira de acercarnos ao mundo da música.
Parabéns pola execución , a selección de melodías e a adaptación do conto.

19/01/10

Concerto de música popular

Os nenos e nenas do segundo ciclo disfrutaron o luns co Concerto para nenos de música popular galega, dos gaiteiros da Xistra, no auditorio de Caixanova en Vigo.

Aprenderon o nome de distintos instrumentos musicais, cantaron e algúns "voluntarios"participaron na actuación.

22/12/07

Un pouco de música

Para este tempo de vacacións, un pouco de música.Preme abaixo, para escoitar óperas coma contos: