Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2014- 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2014- 2015. Amosar todas as publicacións

05/04/16

En Infantil aprendemos a traballar co iPad

O alumnado do cole está aprendendo a traballar co iPad de xeito autónomo.
No blog de Infantil en Quintela podedes comprobalo.


11/12/15

Postais dixitais de Nadal

Aquí vos deixamos as postais dixitais que os nenos e nenas de Primaria foron facendo nun programa de debuxo para felicitarnos o Nadal.
Os nenos e nenas de 1º curso, coa música de Mamá cabra "Tres Reis en bicicleta" e as súas postais, deséxanvos un BO NADAL!


Dende a clase de 2º, coa música de Mamá Cabra (Panxoliña para os ratos) e as postais feitas por nós, queremos desexarvos unhas BOAS FESTAS!!



Os nenos e nenas de 3º queremos felicitarvos as festas con estas fermosas tarxetas acompañadas da canción "Metido nun ovo".





Esta é a felicitación de Nadal dos nenos e nenas de cuarto curso:


Esta é a postal dixital  de 5º.
BO  NADAL a todas e todos.
Verémonos o ano que vén.


 Aquí vos deixamos as postais dos nenos e nenas de 6º  cos nosos mellores desexos para este Nadal.

 

03/07/15

Orde do Mérito civil para Alicia Rodríguez

Foto do Faro de Vigo
O rei Felipe VI outorgou a Orde do Mérito Civil á moañesa Alicia Rodríguez Pérez nunha cerimonia celebrada o 19 de xuño no Pazo Real. Foi un merecido recoñecemento ao seu un fatigable traballo pero tamén unha importante contribución á dignificación e consideración profesional das mulleres mariscadoras.
Estamos moi orgullosos deste premio. Parabéns Alicia!!!!

19/06/15

Olimpiada 2015

Aquí van as fotos da Olimpiada Escolar. Parabéns a todos e todas pola vosa excelente participación. Un estupendo e merecido 3º posto!!!!!

26/05/15

Horario Olimpiada escolar 14-15

Deixamos aquí o horario das distintas probas que se celebrarán na Olimpiada Escolar para que poidades consultar e decidir en qué proba ides participar.
6º de infantil e 1º de primaria sodes categoría PREBENXAMÍN.
2º e 3º de primaria sodes categoría BENXAMÍN.
4º e 5º de primaria sodes categoría ALEVÍN.
6º de primaria sodes categoría INFANTIL.




25/05/15

Outra semana de froita!

Esta semana toca merendar froita e, xa imos pola terceira semana! O plan proxecta: Aliméntate ben está dando moi bo resultado. Imos degustar nísperos, peladillos, amorodos, melocotóns e mazás. UUUmmmmm que rico!!!

 

20/05/15

Festival Letras galegas 2015

Esta é a actuación de 4º de Infantil, coa canción de María Fumaça, "Fun ao mercado":



5º de Infantil coa canción "Miña abuela Manuela", de Migallas:


Aquí temos o recitado de 6º de Infantil sobre o conto "Fiz, o repolo feliz", de Martinho Terrafía e publicado na editorial Urco.


1º curso de Primaria co conto "Dezaseis paxariños"escrito e ilustrado por eles mesmos:



2º curso de Primaria coa canción baile "A vaca Marela" de Pelo Gato 24:



3º de Primaria bailou e cantou a canción "A Cirigoça":



Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron unha versión personalizada da canción "Miñaterra Galega":



5º de Primaria fíxonos rir moito coa súa obra de teatro "Restaurante Farruco":



6º de Primaria representou "A outra historia de Carrapuchiña Vermella":

20/03/15

O eclipse solar

O alumnado de sexto curso fixo unha investigación na rede sobre o próximo eclipse solar do día 20. Coa información recompilada, prepararon unha exposición oral, para explicarlle aos compañeiros e compañeiras de Primaria diferentes cousas do eclipse: horario, en que consiste, como debemos miralo sen dano para os nosos ollos, etc.
Foi moi interesante a súa exposición!

Máis información sobre o eclipse en :
Real Observatorio do Armada

05/03/15

Matricúlate en Quintela

O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole. Escoitádeos e veredes que ben o fixeron. 
  

O entroido en Quintela

Aquí vos mostramos algunhas fotos do día do entroido no cole.

19/02/15

Novos alumnos/as curso 2015-16

Xa está aberto o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2015/16. Dende o día 3 ao 23 de marzo as nais/pais poden entregar a solicitude de admisión (anexo II, DOG nº 53 de 15/03/2013). Tamén entregarán a fotocopia do libro de familia. Para máis información poden consultar no colexio ou a Orde da Consellería de Cultura, Educación e O.U. de 12/03/2013.

A oferta inicial de postos escolares no noso colexio é a seguinte:
 4º Ed. Infantil: 25
 5º Ed. Infantil: 10
 6º Ed. Infantil: 08
1º Ed. Primaria: 00
2º Ed. Primaria: 09
3º Ed. Primaria: 01
4º Ed. Primaria: 01
5º Ed. Primaria: 07
6º Ed. Primaria: 09

12/12/14

O trompo

Estes días, todo o alumnado de primaria estivo practicando o xogo do trompo. Aínda que xa o practicamos ao comezo do curso, volvemos retomalo porque os pequenos de 1º e 2º tamén querían aprender. Así que damos a benvida ás vacacións xogando co trompo! 

 


10/12/14

Os bombeiros no cole

O pasado venres recibimos no noso colexio a visita dos "Bombeiros do Morrazo". Están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos para "Cáritas Morrazo" e a cambio fannos unha demostración do seu traballo.Aquí tedes unha pequena mostra:

05/12/14

5º e 6º en Educación Física

Hoxe xuntámonos 5º e 6º para xogar un brilé. Como viñeron os bombeiros e 5º quedaba sen clase, a profe decidiu xuntar os dous grupos despois do recreo. Pasámolo moi ben!







02/12/14

Chega o Nadal

Esta tarde, estivemos montando a árbore de Nadal no cole. Contamos coa axuda de Alba Millón, de Ana Acuña e de Xoana. Grazas, mozas!. Que fermosa quedou!






26/11/14

A nosa horta

O curso pasado iniciamosmos un novo proxecto facendo un bancal de plantas silvestres e aromáticas. Despois do verán houbo que traballar de novo nel... Cando vexades o vídeo entenderedes... Pasámolo moi ben e aprendemos novas cousiñas
 


E para os que non visteses o traballo que fixemos o curso pasado, aquí tedes de novo o vídeo