Bos días familias,
esta semana tócanos aos de segundo curso achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º curso.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.
Amosando publicacións coa etiqueta Meteoquintela 2015-2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meteoquintela 2015-2016 b>. Amosar todas as publicacións
09/05/16
18/04/16
Meteoquintela no mes de marzo
Os nenos e nenas de Quintela xa son uns expertos en meteoroloxía.
Nas aulas fanse os rexistros diarios sobre a temperatura, a chuvia, o estado do ceo,..., e con eses datos fan as estatísticas e gráficas correspondentes, aprendendo así a súa lectura. Cando acaba o mes, na entrada do cole, deixamos plasmados eses datos.
Aquí tedes o mes de marzo:
05/04/16
Proxecto Meteoquintela
O proxecto Meteoquintela está resultanto interesantísimo.
Participa o alumnado de todos os cursos, recollendo datos, realizando climogramas, estatísticas, aprendendo a utilizar instrumentos de medición, a interpretar mapas metereolóxicos, a aprender vocabulario relacionado co clima, ....
Podedes seguir a información nos blogs de ciclos:
08/03/16
O día que mais choveu foi...
Como xa sabedes, este año participamos nun novo proxecto de innovación educativa chamado ☔"METEOQUINTELA"
Xa tedes na entrada do cole un panel con datos tan interesantes do mes de febreiro como que o día que máis choveu foi o xoves 11 de febreiro con 37l/m2
☔☔☔
Xa tedes na entrada do cole un panel con datos tan interesantes do mes de febreiro como que o día que máis choveu foi o xoves 11 de febreiro con 37l/m2
☔☔☔
01/02/16
Proxecto meteoquintela
Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.
Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida cosultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.
Estes datos permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..
Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
