Amosando publicacións coa etiqueta En galego b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta En galego b>. Amosar todas as publicacións
19/05/16
EXPOSICIÓN INTERACTIVA LETRAS GALEGAS 2016
Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.
Poemas pola rúa
Seguindo a proposta do Concello de Moaña, sacamos a poesía á rúa.
Os nenos e nenas de quinto curso foron os encargadas de colgar pola rúa os poemas de Manuel María que prepararon en todas as aulas.
Os poemas levan incorporados códigos QR para poder visualizar os vídeos con recitados de poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
23/04/16
Entrevista á alcaldesa de Moaña
Onte o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tivo a amabilidade de acceder á nosa petición de facerlle unha entrevista. En 5º prepararon as preguntas e ela contestounas de forma moi sinxela para que todos poideramos entendela.
Agora, tócalle a 6º elaborar o texto que sirva para subir á Galipedia a nosa entrada sobre a alcaldesa. Porque este era o motivo da entrevista: coñecela e dar a coñecer aos demais o noso traballo. Como en cursos anteriores, 5º e 6º son os encargados de subir á Galipedia unha presentación sobre unha persoa ou grupo de Moaña que o mereza e que aínda non teña aparecido nesa páxina.
Este curso consideramos que o feito de ser a 1ª muller alcaldesa na historia de concello era motivo dabondo para facelo.
Ao final do encontro a alcaldesa felicitounos pola facilidade coa que falamos en galego. Aconsellounos que non perderamos o hábito de falar en galego porque é a maneira de seguir coñecendo a nosa cultura. Tamén nos dixo que o feito de poder falar as dúas linguas ( galego e castelán ) nos axuda a aprender con máis facilidade outras linguas.
As titoras queremos felicitar ao alumnado polo ben que o fixeron.
Mostramos algunhas fotos.
05/02/16
Coplas 2016
Aquí vos deixamos as Coplas que elaboraron os nenos e nenas de infantil e os cursos de primaria para cantárllelas aos compañeiros, compañeiras e ás familias o venres, día 5. Este ano o mundo da cociña foi o protagonista.
21/10/15
Receitas de outono
Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados.
Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración nas actividades propostas.
05/03/15
Matricúlate en Quintela
O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole.
Escoitádeos e veredes que ben o fixeron.
26/11/14
A nosa horta
O curso pasado iniciamosmos un novo proxecto facendo un bancal de plantas silvestres e aromáticas. Despois do verán houbo que traballar de novo nel... Cando vexades o vídeo entenderedes... Pasámolo moi ben e aprendemos novas cousiñas
E para os que non visteses o traballo que fixemos o curso pasado, aquí tedes de novo o vídeo
E para os que non visteses o traballo que fixemos o curso pasado, aquí tedes de novo o vídeo
13/05/14
"Cantos animais" de Susa Herrera
O mércores pasado Susa Herrera presentounos o seu último libro Cantos animais. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.I e 1º, 2º e 3º de EP fomos ao auditorio Daniel Castelao para escoitar algunhas das cancións. Encántannos! Velaquí tendes algunhas:
O crocodilo
A xoaniña
Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:
O crocodilo
A xoaniña
Mirade que ben bailaron os nenos e nenas de 3ºE.P. con Susa!:
25/02/14
24 de febreiro, día de Rosalía
O 24 de febreiro Rosalía de Castro, cumpriría 177 anos. No día do seu aniversario os colexios do Morrazo réndendenlle homenaxe recitando os seus versos:
20/10/13
Novo número de Ollos de Aula
Un novo curso comezou a andar para Ollos de Aula. As actividades extraescolares, a atención á diversidade ou recomendacións para o ocio en familia están presentes nesta edición:
16/06/13
Moaña, historia fotográfica da Agrupación cultural Nós
Esta fin de semana presentouse con grande éxito de asistencia o terceiro tomo da serie Moaña, historia fotográfica. Esta nova publicación da Agrupación cultural, deportiva e recreativa Nós,que tanto ten investigado sobre Moaña, recompila unhas 400 fotos recollidas e investigadas exhaustivamente polo colectivo.
23/03/13
Marzo, mes da poesía
Este ano ,dedicamos o mes de marzo á poesía de Rosalía de Castro,por cumplirse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e declarar 2013 0 ano de Rosalía. Así, ao longo do mes,nas aulas fóronse traballando distintos poemas desta selección deita polo equipo de biblioteca do cole:
No día da poesía agasallamos ás familias cun poema deRrosalía e un flor
10/11/12
Os nosos traballos na rede
A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio, cinco deles son do curso pasado

Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
Árbores
Experimentamos
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio, cinco deles son do curso pasado

Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
Árbores
Experimentamos
Os nosos traballos na rede
A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica unha entrada que titula "Outono de Ciencia"
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio no primeiro e segundo ciclo:
Árbores
Experimentamos
Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
Nesa páxina recolle cinco traballos do noso colexio no primeiro e segundo ciclo:
Árbores
Experimentamos
Profe, para que serven as matemáticas?
O día e a noite
Proxecto animais
24/05/12
Festa en Moaña
O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.
10/05/12
Marcapáxinas 100 anos de escola
Este foi o agasallo a todos os asistentes á inauguración da exposición de fotos da escola escola de Quintela:
07/05/12
Plan experimental
Entre a documentación do noso colexio, atopamos o Plan Experimental para o ensino do galego na escola, un plan do ano 73 ao que se acolleu a nosa escola, como recordaron os asistentes ao faladoiro do pasado venres 4 de maio:
02/05/12
28/04/12
Quintela: 100 anos de escola en Moaña
Quintela: 100 anos de escola en Moaña
1912-2012
4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.
20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.
Participa e comparte connosco os teus recordos.
1912-2012
4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.
20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.
Participa e comparte connosco os teus recordos.
04/02/12
Centenario do Grupo Escolar Quintela
Estimadas familias:
Neste
ano conmemoramos o centenario do Grupo Escolar de Quintela, construído no ano
1912. Temos previsto organizar unha serie de actividades entre as que están,
unha exposición de fotografías e material escolar (libros , cadernos , útiles escolares,etc.)
que foron utilizados no Centro.
As
fotografías poderanse entregar durante o
mes de febreiro no despacho de dirección cos datos das persoas que están
nas fotos, comprometéndonos a devolvelas nun prazo duns poucos días. Lembrade
que debemos contar coa vosa autorización para que as fotos se poidan expoñer e
publicar.
O
resto do material servirá para completar unha recreación dunha aula desa época.
Agradecendo
a vosa colaboración recibide un saúdo do profesorado do CEIP Quintela.
Moaña,
xaneiro de 2012.
En Faro de Vigo hoxe:
FARO DE VIGO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


