Mirade que video resumo tan chulo da festa do Samaín nos fixo a ANPA. Unha vez máis, moitas grazas polo voso facer no cole.
Amosando publicacións coa etiqueta O Samaín b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Samaín b>. Amosar todas as publicacións
04/11/25
30/10/19
O Samaín!
Hoxe o alumnado atopouse co camiño ás aulas iluminado na hora da entrada. Como lles gusta ver as súas cabazas acendidas...
26/10/16
Noticias frescas!
Un colexio chamado Quintela en Moaña , sorprendeu a todos os seus alumnos este luns, a principios de semana. Puxeron bolsas de lixo negras por dentro das portas de cristal cortadas en tiras e con todo escuro, teas de araña, cabazas pintadas e decoradas polos alumnos,…
Este venres a finais de semana en horario escolar farán o acendido das cabazas cunha vela dentro e as porá nos corredores. .
O colexio de Quintela xa está preparado para o Samaín.
Zoe, 4º de Primaria
O MEDO decora os corredores e entradas do cole!
O Samaín chegou a Quintela!!!! Temos as entradas e os corredores que meten medo!!!! Mirade, mirade...
21/10/16
Tempo de Samaín
TEMPO DE SAMAÍN. Como todos os cursos, na última semana de outubro faremos unha exposición de cabazas decoradas. Animádevos a participar nesta actividade compartindo cos vosos fillos e fillas o baleirado e talado das cabazas. Podedes traelas a partir do mércores 26. O venres 28 faremos o acendido das cabazas nos corredores.
Grazas pola vosa colaboración.
03/11/15
21/10/15
Receitas de outono
Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados.
Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración nas actividades propostas.
Recursos outono
Aquí temos unha recompilación de adiviñas, cantigas, refráns e ditos sobre o outono e o magosto.
O Samaín
Este xogo atopámolo en Bibliocastelo, do Ceip A Pedra, de Bueu. E este tamén:
Do
Desde a EEI Monte de A Guía chéganos este xogo, vía Actividades LIM:
03/11/14
O samaín en Quintela
Un ano máis a exposición de cabazas foi un éxito.
Destacaron pola gran cantidade, pola súa variedade e orixinalidade.
Queremos amosar o noso agradecemento ás familias pola súa extraordinaria participación.
Aquí temos unha mostra:
Destacaron pola gran cantidade, pola súa variedade e orixinalidade.
Queremos amosar o noso agradecemento ás familias pola súa extraordinaria participación.
Aquí temos unha mostra:
03/11/13
Samaín 2013
Un ano máis tentemos recuperar o tallado de cabazas para os máis pequenos. Debemos agradecer ás familias o seu apoio nesta iniciativa e a súa extraordinaria participación na exposición de cabazas.Sen a participación das familias os nosos obxectivos sempre quedan a medio camiño, por iso nos gusta e necesitamos contar con todas elas. Esta é unha pequena mostra:
01/11/12
Exposición de cabazas
Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado agradece inmensamente.
28/10/12
31/10/11
27/10/11
O SAMAÍN
Estes días, estamos traballando no cole o Samaín. Todos os cursos, tanto de Infantil como de Primaria, están facendo actividades relacionadas con este festexo. Unha desas actividades, foi que os nenos e nenas, en colaboración coas familias, elaborasen unhas cabazas para decorar as aulas e os diversos andares do cole.
Aquí van unhas imaxes do resultado dese traballo feito:
03/11/08
Polo Samaín as cabazas deben rir
Chegado o outono, queríamos recuperar a tradición do tallado de caveiras.Noutros tempos,era moi común facer estes enredos aos máis cativos,e tamén gastar algunha broma a outros non tan pequenos.Todo a conta dos cabazos,que se recollen por estas datas.
A proposta foi ben acollida polas familias,tanto que superou calquera previsión.Xuntámonos con case un cento de caveiras,de todas as formas imaxinables,cada unha máis orixinal que a anterior.Noraboa a todas as familias e grazas pola xenerosa participación.
A proposta foi ben acollida polas familias,tanto que superou calquera previsión.Xuntámonos con case un cento de caveiras,de todas as formas imaxinables,cada unha máis orixinal que a anterior.Noraboa a todas as familias e grazas pola xenerosa participación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







